O TSXG ratifica máis de 11 anos a un home por abusar sexualmente das súas netas políticas

Tamén abusou dunha familiar

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 09/06/2025 | Actualizada ás 10:34

Comparte esta noticia

A Sala do Civil e Penal do TSXG confirma a sentenza da sección sexta da Audiencia Provincial da Coruña na que condenou a once anos e tres meses de cárcere a un acusado de cometer tres delitos de abusos sexuais sobre as súas dúas netas políticas, menores de idade, e unha familiar. Ademáis, deberá pagar ás vítimas 55.000 euros en concepto de responsabilidade civil. 

Imaxe do home acusado de abuso sexual
Imaxe do home acusado de abuso sexual | Fonte: PEDRO DAVILA-EUROPA PRESS

A Sala indica na sentenza que a familiar vítima de abusos convivía co investigado e a súa parella. O TSXG considera probados os feitos baseándose, principalmente, na declaración da denunciante, “na que non se aprecian contradicións substanciais” e, ademáis, está corroborada polo informe pericial. En referencia aos feitos denunciados polas dúas netas políticas do acusado, o alto tribunal galego indica que aproveitou “a relación de confianza e afecto que tiña con elas” e que pasaban moitas fins de semana na súa casa para abusar frecuentemente delas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta