Ferido un bombeiro na extinción dun lume nun edificio abandonado de Ourense

Sufriu un golpe de calor.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/06/2025 | Actualizada ás 10:18

Comparte esta noticia

Un bombeiro sufriu un golpe de calor na noite deste pasado domingo mentres traballaba na extinción dun lume rexistrado nun edificio abandonado da cidade de Ourense, polo que tivo que ser atendido no Punto de Atención Continuada (PAC).

Segundo informa o 112 Galicia, os feitos ocorreron sobre as 22.45 horas e foi un particular o que alertou de que saía fume dun edificio abandonado situado na avenida de Zamora. A pesar de que non había ninguén no interior, o lume propagouse rapidamente polo inmoble.

Así, deuse aviso a Urxencias Sanitarias de Galicia de forma preventiva, aos bombeiros de Ourense e á Policía Local e Nacional. Despois de varias horas de traballo, sobre as 02.00 horas da madrugada os profesionais indicaron que o lume estaba controlado e que estaban a realizar tarefas de ventilación, tamén no edificio lindeiro.

Intervención de bombeiros tras o lume
Intervención de bombeiros tras o lume | Fonte: BOMBEIROS

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta