Nova convocatoria do programa 'Benestar en Balnearios'

Ofrece estancias en 16 establecementos galegos para maiores de 60 anos ou pensionistas de máis de 55.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/06/2025 | Actualizada ás 14:36

Comparte esta noticia

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicará este luns unha nova convocatoria do programa 'Benestar en Balnearios', que ofrece estancias en 16 establecementos galegos para maiores de 60 anos ou pensionistas de máis de 55. Segundo detallou a Xunta nunha nota de prensa, aquelas persoas que estean interesadas poderán presentar as súas solicitudes a partir este martes e contarán cun mes de prazo para facelo.

As solicitudes deberán presentarse preferentemente por medios electrónicos a través do formulario dispoñible na sede electrónica da Xunta e, de maneira opcional, poderanse presentar por rexistro. Como novidade, na edición deste ano auméntanse as prazas dispoñibles ata superar as 1.275 e tamén se aumentan as quendas, que serán 66 en total, repartidas ao longo dos meses de xullo e decembro.

Trátase dun programa que oferta estancias de 15 días en réxime de pensión completa en 16 establecementos galegos, un máis que o ano anterior. Ademais, a Xunta indicou destina a esta convocatoria máis de 331.000 euros, o que supón un 10 % máis de orzamento que na pasada edición.

Benestar Balnearios
Benestar Balnearios | Fonte: XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta