Guerra mediática

Na xa chamada "campaña máis sucia dos últimos anos" entraron xa tamén os medios de comunicación...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 26/02/2009 | Actualizada ás 09:53

Comparte esta noticia

Tamén Faro de Vigo dá unha visión diferente á posición que, sobre esta foto, aporta La Voz de Galicia. Se o xornal de Jacinto Rey asegura que Touriño "marcó distancias" co seu número dous por esta foto porque "no se puede mezclar política con negocios", Faro de Vigo asegura "en lugar de reprobar la actuación de su socio de gobierno, el candidato del PSdeG a la Presidencia de la Xunta, Emilio Pérez Touriño, cerró filas en torno al líder nacionalista. "Sinceramente, conozco a Quintana y no le veo ninguna connivencia ni sumido en el lujo".

E nesta "guerra" vale todo, mesmo dosieres, bulos e informacións falsas. A este mesmo medio teñen chegado varios anónimos informando sobre supostas actividades "ilícitas" ou criticando a vida persoal dalgúns políticos galegos, incluídos Feijóo e Quintana. Onte mesmo, unha nova aparecida en Europa Press viña a enlamar un pouco máis a campaña. Nesta nova se aseguraba que Quintana tivera un accidente e anulaba un acto que tiña con xente moza. A noticia foi eliminada pouco despois por tratarse dunha información falsa que a axencia publicou por un erro informático. Unha situación que tamén utilizou partidariamente o propio Quintana para asegurar que é víctima dunha especie de "complot".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 44 comentarios

9 Turistapaseandonoiate

Eu diría máis: retirada de subvencións a todos os "coleguitas", da prensa e non da prensa...
Esta foi a lexislatura das subvencións chorras...

8 anónimo

Retirada de cartos públicos a TODA a prensa escrita, á dócil tamén, vale?

7 Xulian

Se lle botades unha ollada ao Deport Sport de onte encontraredes a causa de porqué LA VOZ DE GALICIA está maltratando ao BNG e ao señor Quintana: "retirada de cartos públicos", O de Santiago Rey a súa cuadrilla é de xulgado de guardia.
Espero polo ben deste país que o PP perda as eleccións e que este xornal, que gusta tanto de dicir que é independente, reciba o que se merece: 0 euros en axudas públicas. Así veríamos como o chiringito do señor Rey non tardaría en anunciar medidas drásticas. Senón, tempo ao tempo.

6 manuel fernandez

E que me decides das obras do conselleiro Pachi Vázquez que saen hoxe en ABC. Por certo: mansión en San Amaro, cuadra propia de cabalos (Cuadra San Amaro a nome da súa muller María José Pérez), cabalos no hipódromo de La Zarzuela, pisazo en Villa PSOE a pe de praia, fábrica de cosméticos montada no polígono da Uceira do Carballiño para unha filla recién licenciada, cinco coches de gran cilindrada para cada un dos membros da familia..... e como diría a copla ¿de onde saca para tanto como destaca?. Interesante reflexión.

5 Pardo de Cela

Moi mal deben andar as cousas no grupo voz cando recorren a estas artimañas.
Esto é preocupante porque, de gobernar o pp vamos ter que estar moi atentos a materialización das posíbles compensacións pola campaña. Terá que haber un diputado estilo López Chaves, que revise unha por unha todalas suscripcións, insercións publicitarias, etc. a calquera empresa do grupo voz, pois o asunto cheira moi mal.