Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/06/2025 | Actualizada ás 16:49
O director do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS), Heriberto García, defende que en 2020 existía unha "alarma social" ante a ocupación ilegal de vivendas, e xustificou con iso que a Xunta aprobase medidas orientadas a combater este fenómeno.
Ademais, e ás preguntas do deputado do BNG Iago Tabarés polo gasto do Goberno galego en cuestións como convenios co Consello da Avogacía Galega, Heriberto García, advertiu do aumento de casos no primeiro trimestre de 2025, segundo os datos oficiais.
O fenómeno da ocupación ilegal de inmobles "transgrede e afecta á seguridade pública" e en 2020 "estaba recoñecido" en preámbulos de diferentes leis e documentos como circulares de Fiscalía. Negalo, advertiu o alto cargo ao nacionalista, "é vivir unha realidade paralela". Pola súa banda, Tabarés criticou o balance de utilización do servizo disposto pola Xunta ao amparo do mencionado convenio co Consello da Avogacía Galega, no referido a a ocupación ilegal de vivendas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.