Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/06/2025 | Actualizada ás 11:14
Galicia foi a comunidade con maior aumento de compravenda de vivendas (14,4%), concesión de préstamos hipotecarios para a súa compra (24,3%) e prezos por metro cadrado (19,1%) en abril de 2025 en comparación co mesmo mes de 2024, segundo datos do Colexio Notarial de Galicia. Nun comunicado, os notarios galegos destacan que o comportamento do mercado inmobiliario galego contrasta cos aumentos máis reducidos na media estatal: un 1,3% en compravendas, un 9,4% en préstamos hipotecarios e un encarecemento do 5,5% no custo do m2.
En abril efectuáronse en Galicia 2.761 compravendas de vivenda, un 14,4% máis que no mesmo mes do ano anterior, e o prezo medio situouse no 1.209 euro/m2, o que supón un encarecemento interanual do 19,1%. Por tipo de inmoble, producíronse 2.047 compravendas de pisos, un 18,5% máis que en abril de 2024, e 714 de vivendas unifamiliares, un 4% máis. Ademais, concedéronse en Galicia 1.282 préstamos hipotecarios para adquisición de vivenda, un 24,3% máis que en abril de 2024. A contía media destes préstamos subiu un 11,3% interanual, ata alcanzar os 128.297 euros.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.