Remocaldo a Cedeira un pesqueiro con catro tripulantes por un aparello enredado na súa hélice

Dáse a circunstancia de que o pesqueiro rescatou a tres tripulantes da 'Valencia Filgueira', que sufriu unha vía de auga o 20 de setembro de 2024 a 16 millas de cabo Vilán.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 26/06/2025 | Actualizada ás 14:56

Comparte esta noticia

O pesqueiro 'Santa Rita' necesitou ser remolcado a Cedeira tras comunicar na madrugada deste xoves que o aparello se enredou na hélice cando se atopaba a 32 millas ao noroeste da Coruña. Segundo informa Salvamento Marítimo, o centro de Fisterra mobilizou á embarcación Salvamar Betelgeuse, que remolcou ao pesqueiro con catro tripulantes. A 'Santa Rita' é un palangreiro de 14 metros de eslora con porto base en Fisterra. Dáse a circunstancia de que o pesqueiro rescatou a tres tripulantes da 'Valencia Filgueira', que sufriu unha vía de auga o 20 de setembro de 2024 a 16 millas de cabo Vilán.

Pesqueiro Santa Rita
Pesqueiro Santa Rita | Fonte: MINISTERIO DE PESCA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta