Reflexións sobre o papel dos medios

Anxo Quintana acabou, finalmente, atacando públicamente á La Voz de Galicia...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 27/02/2009 | Actualizada ás 17:28

Comparte esta noticia

Hai días que o vicepresidente da Xunta ven denunciando a campaña que este medio ten contra el e contra o nacionalismo e acusa ao seu editor e dirección de aliarse co PP para tentar que o bipartito non volva gobernar en Galicia. Precisamente, Quintana utilizou un convenio asiando por Feijóo con La Voz na campaña das pasadas autonómicas, para amosar a relación que existe entre os populares e este medio.

Nunha campaña sen precedentes pola implicación de determinados medios de comunicación (non só La Voz de Galicia), Quintana mesmo chegou a afirmar, en privado e ante xornalistas, que a partir do vindeiro 1 de marzo "vaiselle acabar o choio" a La Voz. Unhas declaracións que amosan a postura irreconciliable do líder nacionalista con este medio de comunicación logo das informacións publicadas sobre el, e que non son propias dun dirixente político en campaña electoral.

O nacionalista quere (sempre e cando se reedite o pacto co PSOE) regular as subvencións aos medios de comunicación, un feito que levan reclamando dende hai anos o Sindicato de Xornalistas de Galicia e o Colexio de Xornalistas, sen que ata o momento, PSdeG e Bloque teñan feito nada durante os catro anos de goberno.

En todo caso, a regulación de subvencións debe de ser para todos os medios (prensa, radio, televisión e internet), con todas as consecuencias e sen prevendas políticas ou electorais porque, en campaña electoral, son moitos os medios que toman partido por uns ou por outros sempre que haxa un aval económico polo medio. Agardemos que, a partir da vindeira lexislatura, todos os partidos se poñan dacordo, por unha vez, para evitar espectáculos que, en nada axudan, a normalizar a vida política.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 45 comentarios

25 anónimo

agora temos un goberno decente, un goberno de verdade co Bloque, non o estropeemos polas calumnias dos catro caciques de sempre, que so minten e calumnian para voltar ó poder, Vota Galiza, vota BNG. Os do PP: non pasarán!

24 unqueestanoallo

Fraga fixo unha vivenda presidencial por 4500 millons de pesetas. Mais o bipartito e corrupto por supostamente mercar sillas de 2300 euros. Non falemos da cidade da cultura con contratos blindados polo 85% das obras, moitas delas de empresas de Lalin do fillo dun muinheiro.
Gallardon ten un coche oficial de 1 millon de euros, veu a mitinear por aqui e queixouse do de Tourinho ...
Por facer unha comparacion entre o bipartito e o fraguismo, a prensa con fraga calou roubos, prebendas e corrupcions de miles de millons... e agora denuncian a quintana por devolver as cintas o videoclube sen rebobinar....

23 unqueestanoallo

Andres onde dis Jacinto Ruiz suponse que te refires a Jacinto Rey, espero que o resto do teu post este menos errado...
Este senhor inviste os cartos onde lle peta, e cando meteu pasta en Promocions culturais galegas que e a que , entre outras cousas, edita a nosa terra o BNG estaba na oposicion , asique se estaba invertindo suponse que seria a moi longo prazo.
O concurso eolico, do que e o 8 adxudicatario e do que ten algunhas solicitudes con 0 megawatios por non presentar propostas importantes para o desenrolo do pais, entre as que estan un estudo sobre o traslado de ence que tan so e un estudo , non o traslado como dicia algun medio, medio que fixera campanha en contra do traslado de ence uns aninhos antes, pero... bueno, de que estamos a falar... O concurso eolico con sorte daralle cartos, se llos da en 5 ou 10 anos, inda non ten nada, ten que pasar por patrimonio, medio ambiente, consello da xunta....inda ten moitos favores logo que pagar. E logo a obriga de ponher el a funcionar os parques, e logo a cobrar, asique...

Pero bueno andres, ti prefires claramente a trasparencia do PP, adxudicacion sen concurso, a dedo, a quen? exclusivamente a amigos do PP, reventa e reventas dos parques. O comite de adxudicacion e en realidade o mesmo que o dunha empresa privada que ten as adxudicacions, e onde, que casualidade? traballa actualmente o senhor director xeral de industria dos tempos de Fraga.
Non o sabias?
Por que non o sabias?
Non cho informou a prensa andres? Por que seria? Por que a prensa non protestou por tamanha falta de trasparencia?

22 andres

Observo mucho fanático y mucho mediatizado en este chollo y me gustaría hacer algunas breves reflexiones al respecto de los medios. La falta de inteligencia lleva a decir que hay que retirar las ayudas a los medios porque pueden condicionar la línea editorial de los mismos. Eso es cierto, pero pensar que La Voz va a desaparecer por eso es ser bastante corto de mente. En todo caso será, de los medios escritos, el mejor preparado para afrontar esa situación, y no pequeños medios tipo La Región, El Progreso, El Atlántico, Diario de Pontevedra, etc, que serían los que echarían el cierre. No creo que La Voz sea pro-PP, en estos cuatro años ha sido claramente pro-PSOE y no hay más que ver como se silenció el caso de Pachi Vázquez, que sería condenado por acosador y prevaricador si no llega al gobierno y se queda en diputado raso, o como se mira para otro lado en los chenchullos de Méndez Romeu. Y para finalizar una precisión a la hipocresía del BNG y el señor Aymerich: Jacinto Ruiz hizo un gran gesto de filantropía, ¡como todos los empresarios!, y metió para no recuperar en su vida 400 millones de pesetas en A Nosa Terra. Después creó el Xornal Diario para que el BNG tuviese su plataforma mediática. A nadie se le escapa que Jacinto Rey no se ha caracterizado en estos años por ser un filántropo o por participar en negocios ruinosos ¿a cambio de qué entonces tiró por la borda 400 kilos en A Nosa Terra y los que va a palmar, y de largo, en el Xornal? ¿a cambio de ser amigo de Quintana? ¡No me jodas!. Y mucho Foro Peinador y mucha mierda pero la página web de Construcciones San José está en castellano y en inglés (y pone La Coruña) y el gallego se lo pasa por el forro. Y para cerrar, como tiene la santa cara el señor Aymerich de salir diciendo que Feijóo le dio ayudas a La Voz por valor de 96.000 euros cuando su jefe, el señor Quintana, avaló por dos veces, y lo reconoció una tercera públicamente, que la Diputación de Ourense le diese a fondo perdido 1,5 millones de euros a La Región. Y digo a fondo perdido porque se enmascaró la operación diciendo que era para la compra de acciones (¿quien compra acciones de una empresa que debe más de 6 millones de euros y hace dos años que está embargada por la Seguridad Social y tiene en venta sus instalaciones (www.naveourense.com)?). Aymerich, la próxima vez que hagas el ridículo de esta manera reflexiona y no dés ruedas de prensa antes de que el alcoholímetro te dé negativo.

21 anónimo

Nin debería pasar, penso eu, as paparotas cos vellos estilo silleda como fixo Quin, pagadas con cartos públicos. Así facía Cuiña