Reflexións sobre o papel dos medios

Anxo Quintana acabou, finalmente, atacando públicamente á La Voz de Galicia...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 27/02/2009 | Actualizada ás 17:28

Comparte esta noticia

Hai días que o vicepresidente da Xunta ven denunciando a campaña que este medio ten contra el e contra o nacionalismo e acusa ao seu editor e dirección de aliarse co PP para tentar que o bipartito non volva gobernar en Galicia. Precisamente, Quintana utilizou un convenio asiando por Feijóo con La Voz na campaña das pasadas autonómicas, para amosar a relación que existe entre os populares e este medio.

Nunha campaña sen precedentes pola implicación de determinados medios de comunicación (non só La Voz de Galicia), Quintana mesmo chegou a afirmar, en privado e ante xornalistas, que a partir do vindeiro 1 de marzo "vaiselle acabar o choio" a La Voz. Unhas declaracións que amosan a postura irreconciliable do líder nacionalista con este medio de comunicación logo das informacións publicadas sobre el, e que non son propias dun dirixente político en campaña electoral.

O nacionalista quere (sempre e cando se reedite o pacto co PSOE) regular as subvencións aos medios de comunicación, un feito que levan reclamando dende hai anos o Sindicato de Xornalistas de Galicia e o Colexio de Xornalistas, sen que ata o momento, PSdeG e Bloque teñan feito nada durante os catro anos de goberno.

En todo caso, a regulación de subvencións debe de ser para todos os medios (prensa, radio, televisión e internet), con todas as consecuencias e sen prevendas políticas ou electorais porque, en campaña electoral, son moitos os medios que toman partido por uns ou por outros sempre que haxa un aval económico polo medio. Agardemos que, a partir da vindeira lexislatura, todos os partidos se poñan dacordo, por unha vez, para evitar espectáculos que, en nada axudan, a normalizar a vida política.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 45 comentarios

20 anónimo

Tampouco pode deixar pasar a xente de esquerdas o da "externalización de servizos", ou sexa, as Castrilladas estilo Baltar.

19 anónimo

a xente de esquerdas o que non pode deixar é o do iate e do magnate (non sei se se escrebe así, en outros lados aparece coma mangante) que recebe a cambio concesións administrativas a título personal.

18 Arrediós

Pase o que pase o 1 de marzo o da Voz non pode deixarse pasar. A xente de esquerdas non pode esquencer o golpe mediático habido, triunfe ou non tal golpe.

Xa que logo, gañe ou perda o bipartito a Voz ten que perder, de agora en adiante, un bo feixe de lectores.

17 paco

Los 100000 ejemplares que vendía La Voz ahora va a venderlos el Xornal, que se los arrebató. Para boicotear a La Voz mucho se fijan los del Bloque en lo que publica; eso es bueno, hay gente que solo entiende la política del palo

16 unqueestanoallo

Dicir que o plan de vivenda esta moi discutido, e non contar que moitos concellos que o discuten son Arteixo ou Sanxenxo que tenhen concelleiros/construtores que simplemente non queren VPO no seu concello por haber moita vivenda privada por vender, como se chama, manipulacion?, facer 2800 VPO en Arteixo e malo para os vecinhos de Arteixo?
Pois a nova en La Voz ponhia os concelleiros de Arteixo coma uns santos nisto do urbanismo e da vivenda...

Da igual, non nacin onte para saber que os medios son de quen lles paga. Mais La Voz de Galicia cambiou nuns meses en 180 grados, agora parece curman de La Razon, ABC ou Libertaddigital , que se aproveitan dos seus artigos e lles dan mais expansion... E fai ben se asi o quere ser, fai ben se esa e a sua nova linha editorial, mais unha cousa e un imposible que e a obxectividade, pero outra posible e a honradez, e La Voz de Galicia non e agora mesmo un medio de comunicacion honrado.

Mais que lle preste, pola minha parte con non comprala non tenho problema.
Seguramente nuns mesinhos vera se coa nova linha vende 100000 exemplares o dia ou non. Desde logo agora mesmo xa non esta sendo asi, e o senhor Fernandez Latorre sabeo...