O reitor da USC asegura que a redución do mínimo de alumnos para grao e máster "está sobre a mesa" para salvar Matemáticas
A normativa vixente di que durante os últimos tres anos do máster, debe haber polo menos unha media de 16 alumnos matriculados. No caso do Máster en Matemáticas, esta casuística non se cumpre, xa que a media actual dos últimos anos está en 12.
Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/07/2025 | Actualizada ás 14:20