Galicia rexistra 24 mortos en accidentes laborais en 5 meses tras aumentar os sinistros un 2%

De xaneiro a maio producíronse 10.787 incidentes laborais.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/07/2025 | Actualizada ás 09:56

Comparte esta noticia

Un total de 24 persoas perderon a vida en accidente laboral en Galicia ata maio, o que supón un falecido menos que no mesmo período de 2024, segundo datos do Ministerio de Traballo e Economía Social recollidos por Europa Press.

En concreto, en Galicia rexistráronse ata 10.787 incidentes laborais, un 2% máis, dos cales 10.600 foron leves e 163, graves. Así mesmo, 24 supuxeron o falecemento do traballador.

En cando aos accidentes 'in itinere', en Galicia producíronse 1.228 entre xaneiro e maio, cifra moi similar á de 2024 (1.243), dos que 25 foron graves e 2 terminaron co falecemento do traballador. Por provincias, A Coruña foi a máis prexudicada, con 10 persoas falecidas nun accidente de traballo entre xaneiro e maio, mentres que en Pontevedra rexistráronse 8 mortos. Lugo e Ourense pechan a lista con 4 e 2, respectivamente. A nivel estatal, ata 245 persoas perderon a vida entre xaneiro e maio no traballo, algo menos que as 257 que o fixeron no mesmo período do ano pasado.

Helicóptero medicalizado nun accidente laboral nas Pontes
Helicóptero medicalizado nun accidente laboral nas Pontes | Fonte: @HELICOSANTIAGO - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta