Manifestación en Vigo a favor dos refuxiados

A Rede Galega en Apoio ás Persoas Refuxiadas anima aos cidadáns a denunciar o "mercadeo" cos sirios que foxen da guerra.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 19/06/2016 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

A Rede Galega en Apoio ás Persoas Refuxiadas fixo este venres un chamamento aos vigueses e veciños da bisbarra para que acudan á manifestación que se celebrará o domingo, que sairá ás 11,30 horas dende A Dobrada en dirección ao Museo Marco baixo o lema 'Non ás guerras. Rachemos coa fronteiras'.

Campo de refuxiados sirios en Zaatari, Jordania
Campo de refuxiados sirios en Zaatari, Jordania | Fonte: rt.com

Esta plataforma, que integra aos sindicatos CC.OO., UGT, CIG e CUT, e a varios partidos políticos (como IU, Equo, BNG e PSdeG) e organizacións sociais, mostrará con esta mobilización o seu rexeitamento ás políticas migratorias da UE, e esixirá que se cumpra a legalidade internacional en materia de asilo para as miles de persoas que permanecen en asentamentos ou "vagando" por territorio europeo "en busca dun futuro".

Os impulsores desta protesta critican o "mercadeo" cos refuxiados e denuncian a "conivencia" do Estado español coas políticas da UE "que dan vergoña".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 abraira

As manifestacións son en todo Galicia e en todo o Estado