Comeza a chegar a sardiña para o San Xoán

Tras semanas de capturas escasas, a sardiña chegou xa os mercados galegos. Estase vendendo a 4 euros na lonxa da Coruña.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 21/06/2016 | Actualizada ás 16:00

Comparte esta noticia

A sardiña gorda apareceu, finalmente,  tras varios días de ausencia nas lonxas galegas. Na madrugada deste martes a flota galega puido pescala tras varios días sen conseguir capturas significativas, todo iso a escasos días do San Xoán, o día máis importante do ano para esta especie.

Sardiñas na lonxa galega
Sardiñas na lonxa galega | Fonte: EP

O voceiro da asociación Acerga, Andrés García, sinalou que esta campaña de sardiña "non vai moi ben" para o cerco, xa que escaseou  ata este martes “no que, por fin, apareceu algunha".

Así, segundo sinalou  en declaracións a Europa Press que case a totalidade de sardiña se descargou na lonxa da Coruña, onde as caixas de 15 quilos da especie máis grande alcanzaron prezos entre os 55 e os 60 euros, arredor dos 4 euros o quilo.

Neste sentido, o voceiro da principal asociación do cerco galego subliñou que sardiña pequena "si que hai", pero aínda haberá a agardar a próximos días polo resto. Por iso, di "esperar que haxa sorte" para poder capturar máis sardiña grande de cara ao San Xoán, que nos últimos anos apareceu a medida que se aproxima o día sinalado.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta