A Policía Local de Ferrol evita un suicidio en Ferrol

Un home quería tirarse ao tren desde unha pasarela.

Por Europa Press / Redacción | Compostela | 23/07/2025 | Actualizada ás 20:54

Comparte esta noticia

Axentes da Policía Local de Ferrol interviñeron este mércores para evitar que un home se tirase ás vías do tren desde a pasarela que une os barrios de Santa Mariña con San Xoán.

Un particular alertaba ao corpo sobre as 10.00 horas da mañá acerca da presenza dun home que, ao parecer, tiña a intención de tirarse á vía. Ao chegar os efectivos, o home mantíñase na súa intención de precipitarse, pero ao final os axentes da Policía lograron que cambiase de actitude e fose evacuado ao hospital.

Varios viaxeiros soben a un tren
Varios viaxeiros soben a un tren | Fonte: Eduardo Parra

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta