Por Galicia Confidencial | PONTEVEDRA | 23/07/2025 | Actualizada ás 20:37
A Festa do Albariño 2025 reforza este ano a súa proposta musical cun cartel inédito: DEI V, Brytiago e Yan Block actuarán o 1 de agosto na Praza de Fefiñáns na súa única data exclusiva en Galicia. Unha noite que mestura historia, tradición e son actual, no corazón dunha das festas máis emblemáticas do verán galego.
Desde Porto Rico, DEI V emerxeu como unha das voces máis prometedoras do xénero urbano. A súa participación no tema 'VeLDÁ' xunto a Bad Bunny e Omar Courtz, incluído no álbum 'DeBÍ TiRAR MáS FOToS', foi un dos fitos recentes na súa carreira. Ademais, colaborou con artistas como Karol G, Myke Towers, Anuel AA, Ozuna e Ñengo Flow, e lanzou o seu propio disco titulado 'Quién es Dei V'. Con máis de 20 concertos en España, incluíndo un sold out no Movistar Arena, e a súa participación en eventos como LOS40 Music Awards Santander Music Awards Santander, DEI V consolida a súa posición como unha figura destacada na escena musical actual.
Pola contra, Brytiago, un dos impulsores do reggaetón de nova xeración, encheu estadios en América Latina e colaborado con pesos pesados como Daddy Yankee, Anuel, Ozuna ou Myke Towers. Temas como 'Asesina', 'Netflixxx' ou 'Me ama me odia' acumulan centos de millóns de reproducións e definen un estilo que combina o íntimo e o explosivo con mestría.
Completa o cartel Yan Block, artista portorriqueño que irrompeu con forza na escena urbana grazas a temas como 'Media Hora', '3 Doritos' ou 'Juguete'. Cun estilo persoal que el mesmo define como Trap-Hall, mestura influencias do trap, o dancehall e o reggaetón máis rueiro. Colaborou con nomes como Jay Wheeler, Omar Courtz ou Saiko, e destaca pola súa enerxía en directo e unha proposta que conecta co público novo sen necesidade de artificios. A súa traxectoria sitúao como unha das voces máis prometedoras do urbano latino actual.
As entradas están á venda en www.entradas.com. Con este concerto, a Festa do Albariño reforza a súa aposta por abrirse a novos públicos e formatos, e posiciónase como un evento capaz de mesturar tradición e actualidade sen complexos. Unha noite para cantar, bailar e celebrar, porque este 1 de agosto, o Albariño tamén soará a urbano.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.