Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 04/08/2025 | Actualizada ás 10:58
Catro persoas resultaron feridas nun accidente na PO-550, en Meaño, dúas delas tiveron que ser evacuadas. Segundo informa o 112 Galicia, víronse involucrados o condutor dunha motocicleta e un peón. Finalmente, catro persoas resultaron feridas e dúas delas tiveron que ser evacuadas ao hospital de referencia. Ata alí desprazáronse Emerxencias Sanitarias Galicia-061, axentes da Garda Civil de Tráfico e efectivos de Protección Civil de Cambados.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.