Por Ángela Precedo | SANTIAGO | 05/08/2025 | Actualizada ás 22:00
Nos últimos días, Galicia está a sufrir grandes e moi graves incendios forestais, con miles de hectáreas calcinadas en distintas comarcas. As imaxes obtidas polo Galicia Confidencial a través do visor do Inventario Forestal Continuo de Galicia e da observación satelital permiten radiografar con detalle que tipos de cobertura vexetal predominan nas zonas afectadas. Nun intre no que o debate sobre a expansión do eucalipto --e os seus efectos sobre a biodiversidade, o solo e o risco de incendio-- está máis vivo ca nunca, a análise visual e cartográfica destes lumes recentes axuda a comprender por que determinadas áreas arden con maior facilidade e recorrencia.
METODOLOXÍA
Para esta análise cruzáronse imaxes satelitais recentes cos mapas de coberturas de alta e media resolución do Inventario Forestal Continuo de Galicia, que clasifica o territorio en categorías como: eucalipto, coníferas, frondosas, cultivos ou pastos, matogueiras, solo espido, áreas urbanizadas, auga e superficies recentemente cortadas --distinguindo a orixe da masa talada-- e superficies recentemente queimadas. O obxectivo: observar as coberturas dominantes nas zonas afectadas polos grandes incendios recentes e relacionalas coa dinámica de propagación do lume.
OBSERVACIÓNS POR ZONA
CONCLUSIÓNS
QUE SE ESTÁ A FACER MAL?
O eucalipto tense convertido nun símbolo da tensión entre aproveitamento económico e risco ambiental en Galicia. As imaxes do Inventario Forestal Continuo non deixan lugar a dúbidas: boa parte das zonas que arden --e volven arder-- están cubertas por plantacións de especies de alta inflamabilidade. A pregunta xa non é se estas especies deben ter un papel no monte galego, senón en que condicións, extensión e baixo que sistema de xestión. Sen un cambio no modelo forestal que prime a diversidade, a prevención e a resiliencia, Galicia seguirá vendo cada verán como se repite o mesmo patrón de lume e perda.
Ver esta publicación en Instagram
¿Gústache esta noticia?Problemas cos comentarios?
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.
¿Gústache esta noticia?
- (Vídeo) Así queda un monte despois do lume: a ferida negra que tardará anos en sanar
- Os tractores dos veciños súmanse á loita contra as chamas en Ponteceso ante a falta de medios
- Estabilizados os incendios que ameazaron casas nas Neves, Salceda de Caselas e As Pontes
- Reaviva un dos focos dun incendio en Ponteceseo aínda que o lume "tende á estabilización"
- Convocan a Oficina Técnica da Seca este xoves para valorar a toma de medidas ante a "escaseza de auga"
- A alerta laranxa por calor reducida a 74 municipios galegos que manteñen a suspensión de actividade deportiva