50 aniversario do asasinato de Moncho Reboiras: Néstor Rego reivindícao como “símbolo da loita pola liberdade”

A UPG conmemorou este martes o aniversario da súa morte nun acto con gran afluencia de público.

Por Europa Press / Redacción | FERROL | 12/08/2025 | Actualizada ás 20:50

Comparte esta noticia

A Unión do Povo Galego (UPG), partido hexemónico do BNG, conmemorou este martes o 50 aniversario da morte de Moncho Reboiras nun acto de homenaxe celebrado en Ferrol, que contou cunha gran afluencia de público. Néstor Rego, secretario xeral da formación, destacou a figura do histórico militante nacionalista como un "símbolo da loita pola liberdade do noso país en tempos de ditadura"

Na súa intervención, Rego puxo de manifesto o éxito das actividades de divulgación da figura de Reboiras, sinalando que o acto deste ano superou en participación aos de edicións anteriores. O líder da UPG insistiu na necesidade de que Reboiras sexa "máis coñecido pola sociedade galega e recoñecido institucionalmente como o que foi: unha persoa que loitou pola liberdade... e que foi vítima precisamente inxusta desa mesma ditadura". Ademais de homenaxear ao militante, Rego afirmou que o acto tamén servía para lembrar que "moitos obxectivos polos que traballou Moncho Reboiras continúan estando vixentes". Neste sentido, fixo fincapé na necesidade de que Galicia teña "capacidade de plena para decidir" e "soberanía".

Segundo Rego, esta soberanía é a clave para que o país poida "desenvolver todas as súas potencialidades", así como "crecer en calidade de vida e en benestar ao conxunto dos galegos". Concluíu o seu discurso subliñando que o legado de Reboiras, no 50 aniversario da súa morte, abatido polos disparos da Policía, tras unha persecución por varias rúas da cidade, debe ser unha inspiración para unha "loita por unha Galicia realmente libre, realmente próspera, para unha Galicia soberana".

Cartel sobre Moncho Reboiras. CIG
Cartel sobre Moncho Reboiras. CIG

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta