Galicia prepara alegacións ao Plan Estatal de Vivenda

A Xunta critica que o documento do Ministerio chega tarde e non recolle as propostas das comunidades autónomas.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 19/09/2025 | Actualizada ás 17:55

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia presentará nos próximos días alegacións ao documento enviado esta semana polo Ministerio de Vivenda e Axenda Urbana que recolle o articulado do futuro Plan Estatal de Vivenda, posto que non recolle as propostas facilitadas polas comunidades.

Nun comunicado, a conselleira María M. Allegue critica que o documento "chega tarde", "o que pon en perigo a convocatoria de varias liñas de axuda". Considera que isto é unha "irresponsabilidade" do Goberno central nun contexto no que o acceso á vivenda é a "principal preocupación" da cidadanía.

"Falamos dun documento que non conta coa participación das CCAA. O Ministerio trata, así, de impor modos de actuación e medidas que, en moitas ocasións, non son acordes coas liñas de actuación das comunidades. En lugar de buscar coordinación, opta por actuar de forma unilateral", denunciou.

A titular do departamento autonómico apunta tamén que o plan modifica a firma de financiamento dos plans anteriores, que pasa dunha financiacón "voluntaria" de menos do 30% a unha achega obrigatoria do 40%.

Con todo, avanzan que aceptan as condicións, aínda que matizando que "non se pode aprobar un plan que non estea acordado coas comunidades, que son as que teñen as competencias".

Vivenda. CONCELLO DE BARCELONA
Vivenda. CONCELLO DE BARCELONA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta