Case 16.000 galegos están inscritos no rexistro español de doantes de médula

O conselleiro de Sanidade destaca máis de 1.800 novos voluntarios desde 2024 e celebra a xenerosidade da cidadanía galega.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 19/09/2025 | Actualizada ás 17:32

Comparte esta noticia

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, destacou este venres que Galicia conta con case 16.000 persoas inscritas no rexistro español de doantes de medula ósea, das que máis de 1.800 son novos voluntarios desde 2024. Durante o acto de entrega dos premios do X Concurso universitario de curtametraxes sobre doazón e transplante de medula, Caamaño subliñou a "xenerosidade" da cidadanía galega, que desde 2020 permitiu que 57 persoas completasen o proceso de doazón e 213 recibisen un transplante de medula, incluíndo 29 de doantes non emparentados, 24 familiares e 160 autólogos.

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, e a presidenta da Asociación galega de persoas transplantadas de medula ósea e enfermidades oncohematolóxicas (Asotrame), Cristina Piñeiro, asinan un convenio de colaboración. XUNTA DE GALICIA
O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, e a presidenta da Asociación galega de persoas transplantadas de medula ósea e enfermidades oncohematolóxicas (Asotrame), Cristina Piñeiro, asinan un convenio de colaboración. XUNTA DE GALICIA | Fonte: Europa Press

Desde 2008, cando comezaron os trasplantes de proxenitores non emparentados en Galicia, realizáronse un total de 575, cifras que reflicten o bo funcionamento do programa promovido pola Xunta a través da Axencia Galega de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS).

Polo Día Mundial do Doante de Medula Ósea, o conselleiro asinou un convenio con Cristina Piñeiro, presidenta de Asotrame, para fomentar a difusión e actualización da información sobre a doazón de medula, apoiar a pacientes con cancro hematolóxico e familiares, e impulsar accións de voluntariado nos hospitais para mellorar a estancia de pacientes e acompañantes.

No concurso de curtametraxes, o primeiro premio foi para Alejandro Añón Branco, da Facultade de Ciencias da Comunicación da Coruña (UDC), co traballo 'Un agasallo sen lazo', e o segundo para Javier Bouzas Arufe, da Facultade de Administración e Dirección de Empresas da USC, con 'Ou teu xesto, a súa vida'. Os vídeos gañadores proxectaranse proximamente as redes sociais de ADOS e na súa páxina web.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta