Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 19/09/2025 | Actualizada ás 17:39
A calidade do aire na cidade de Ourense esborrallouse a "mala" ao verse afectada o fume procedente do incendio forestal do municipio lucense de Pantón. Segundo os datos de Meteogalicia, a estación de medición situada en Gómez Franqueira é a única da provincia que ten unha calidade mala debido á presenza de partículas PM10 e PM2,5.
Por iso, recoméndase á cidadanía que reduza as actividades prolongadas e activas no exterior, especialmente se experimentan tose, falta de aire ou irritación de garganta. Así mesmo, na estación de Sarria, na provincia de Lugo, presenta unha calidade do aire "regular". Meteogalicia tamén apunta a que se espera a chegada de masas de aire africano polo que os niveis de partículas (PM) poderán verse incrementados e afectar á calidade do aire.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.