O Goberno acometerá unha renovación no seis centros penais de Galicia

Blanco reivindicou a contribución "innegable" que realizan as Institucións Penais en Galicia ao mantemento da seguridade e o benestar da cidadanía galega.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 19/09/2025 | Actualizada ás 17:56

Comparte esta noticia



O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, avanzou unha "renovación histórica" no seis centros penais de Galicia, segundo expuxo na conmemoración do Día da Mercé, festividade neste ámbito e que se celebrou no Centro de Inserción Social 'Carmela Arias' na Coruña.

No acto, Blanco reivindicou a contribución "innegable" que realizan as Institucións Penais en Galicia ao mantemento da seguridade e o benestar da cidadanía galega. No seu discurso, chamou a acabar "co estigma da vida en prisión". Fíxoo ao reivindicar que hoxe os centros penais son lugares de formación, de traballo e de creación de oportunidades.

Xa sobre a renovación de centros penais galegos, avanzou que será cun investimento de máis de 20 millóns de euros. Deles, xa están en execución as actuacións que se desenvolven en Pereiro de Aguiar.

Acto conmemorativo no Centro de Inserción Social 'Carmela Arias'. DELEGACIÓN DO GOBERNO
Acto conmemorativo no Centro de Inserción Social 'Carmela Arias'. DELEGACIÓN DO GOBERNO | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta