O BNG reclama máis prazas de bus para que non haxa usuarios viaxando a pé

Os nacionalistas piden a Alfonso Rueda elaborar unha lei propia que regule este tipo de situacións, adaptada á realidade actual, xa que os usuarios están a denunciar que esas condicións non se cumpren

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/10/2025 | Actualizada ás 15:03

Comparte esta noticia

O BNG reclamou á Xunta que adopte medidas para que haxa as suficientes prazas de transporte público por estrada e máis autobuses, de maneira que non haxa usuarios que teñan que viaxar de pé, pondo en risco a súa seguridade.

O portavoz de Transportes do grupo parlamentario nacionalista, Paulo Ríos, advertiu de que non se pode permitir que un sercicio de transporte esencia "supoña un risco para a seguridade das persoas", e sinalou que esta situación se está dando mesmo en rutas por autovía e autoestrada. Ademais, engadiu que hai liñas nas que se están superando os quilómetros por hora indicados pola Xunta.

Paulo Ríos criticou que a Xunta, que ten a competencia do transporte de viaxeiros por estrada, "está a vulnerar a seguridade" dos usuarios e pediu que se "atalle" o problema. "Non nos valen as escusas que nos dá a Xunta", advertiu o deputado do BNG, que censurou que o goberno galego ampárese nunha lexislación "obsoleta", de 2003, que avala a posibilidade de realizar a viaxe de pé sempre que sexan traxectos curtos e non se superen o 80 km/h.

Por todo iso, o BNG emprazou ao Executivo de Alfonso Rueda a elaborar unha lei propia que regule este tipo de situacións, adaptada á realidade actual, xa que os usuarios están a denunciar que esas condicións non se cumpren.

Nese sentido, o BNG rexistrou unha serie de iniciativas no Parlamento de Galicia para pedir á Xunta que responda ante estes feitos "de enorme gravidade", e denunciou que, co Plan de Transporte da Xunta, "foron moitas as queixas e os incumprimentos de contrato, como atrasos inxustificados, superación da idade máxima dos vehículos incluídos nas licitacións, falta de vehículos ou falta de prazas, con efectos directos nas persoas usuarias".

Mombus urbanos de Lugo
Mombus urbanos de Lugo | Fonte: Mombus - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta