O BNG busca “mobilizar” os galegos cunha proposta “renovada” e tende a man a “todos os nacionalistas”

Ana Pontón asegura que Feijóo convocará as autonómicas cando crea que máis vai beneficiar ao PP, xa que "non ten nada que ofrecer a Galicia".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/07/2016 | Actualizada ás 16:08

Comparte esta noticia

No BNG xa pensan en clave de autonómicas. Tras un novo fracaso electoral que deixa aos nacionalistas ao bordo de desaparecer do escenario parlamentario galego e a converterse nun partido residual, a súa voceira nacional, Ana Pontón tenta reconducir a situación para revitalizar o partido. Así, asegurou hoxe que o Bloque se marca como obxectivo para as próximas eleccións autonómicas "mobilizar" aos galegos que se abstiveron o pasado 26 de xuño e conseguir o seu voto para ser unha "alternativa" á política "antigalega" do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.

Reunión do Consello Nacional do BNG
Reunión do Consello Nacional do BNG | Fonte: Europa Press.

Tras a reunión do Consello Nacional na que se analizaron os resultados electorais do pasado 26 de xuño, Pontón explicou que a militancia debaterá para "analizar a campaña e a situación" actual, así como as liñas a adoptar nos próximos comicios, o proceso de preparación dos cales tamén foi abordado no conselo este sábado.

A voceira nacionalista avanzou que "esta mesma semana" o Bloque porá en marcha unha comisión que se reunirá para definir os "novos pasos" a dar pola formación de cara ás eleccións galegas.

ELABORACIÓN DE "ALTERNATIVAS"

Pontón asegurou que a primeira cuestión que se abordará no BNG será a elaboración das súas "alternativas programáticas" mediante unha comisión conformada por militantes e outros cidadáns. Deste modo, buscarase "afondar" nas alternativas que "necesita Galicia" porque, na súa opinión, para ser unha "alternativa solvente fronte ao PP" necesítase un "proxecto alternativo". Así, destacou a experiencia do BNG, que presentará unha "proposta renovada" nos próximos comicios autonómicos.

Ademais, insistiu en que o Bloque "ten a man tendida" a "tódolos nacionalistas" para traballar nunha candidatura que permita que a formación frentista sexa a "peza clave" na "derrota de PP" e na posta en marcha dunha "alternativa política diferente".

Ao respecto, tras analizar os resultados dos pasados comicios e o que a súa organización "puido non facer ben", sinalou que o BNG "ten claro" que debe traballar "dende xa" para "desaloxar" a Feijóo de la Xunta e, deste modo, eliminar os "seus recortes", "a súa política antisocial" e "antigalega".

CRÍTICAS

Nesta liña, considerou que o Bloque achega os cambios "necesarios" que precisa unha Galicia en situación de "emerxencia social" polas políticas do PP. E é que, segundo indicou, Feijóo deixou un país cos sectores produtivos "máis tocados", con "máis paro", con "máis emigración" e con "salarios máis baixos".

No seu discurso, Ana Pontón tamén asegurou que os pasados comicios evidenciaron que as estratexias do PSOE e Podemos "fortaleceron á dereita en Madrid" e incidiu en que ten "claro" que o "antídoto fronte ao PP" é o BNG.

AUTONÓMICAS E MANIFESTACIÓN O 25X

Respecto á data das eleccións autonómicas, Pontón asegurou que, dado que na súa opinión Feijóo "non ten nada que lle ofrecer a Galicia", as convocará "cando crea que lle van beneficiar máis ao PP". Por iso, asegura que o Bloque debe estar preparado "para afrontar calquera situación" en "calquera momento" e "calquera eventualidade".

Por outra banda, indicou que no consello se tratou a convocatoria para o día 25 de xullo dunha manifestación reivindicativa do "orgullo" de ser "galegos e nacionalistas", para mostrar á cidadanía que Galicia "necesita" "alternativas políticas propias".

Ao respecto, indicou que deste modo se reivindicarán os dereitos dos galegos a ter "emprego digno", un "futuro na terra" e unha sanidade e uns servizos públicos "de calidade".

Finalmente, preguntada pola viaxe do dirixente de Anova, Xosé Manuel Beiras, a Madrid, para reunirse co secretario xeral de Podemos, Pablo Iglesias, e o seu homólogo de Esquerda Unida (IU), Alberto Garzón, Ana Pontón rexeitou pronunciarse, xa que "non é comentarista das viaxes de ninguén".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 12 comentarios

1 anonimo

As estratexias de PSOE e Podemos reforzaron a dereita?. Preguntemonos: o PSOE perdeu 5 deputados (proclives ao estado plurinacional e a un pacto social: derogación das leises antisociais e laborais)? os 8 deputados de C's entre eles o galego eran defensores da pluriacionalidas e as linguas de "España" ... ? Podemos repiteu resultado 71 (con EU). E unha mágoa que perderamos un deputado e u senador en Galiza (en Marea). Reforzo daquela maneira, Poerque non se fixo unha canditurao ao menos conxunta en Galiza ao Senado?. En fin para construír mellor ser xustos, ou non?.

1 Anonimo

O senador de podemos puxo a Galica ao nivel de Murcia, Galicia para Buitron era unha comunidade mais, chupou 30000 eurazos por non facer nada, non tiña nin pagolera ... Como galego alegrome de que non saira, e lastima que a Yoli non lle pasara o mesmo despois do esperpento do parlamento, e do ninguneo a Beiras.

2 anho

o psoe proclive ao estado plurinacional??? C´s defensor da plurinacionalidad e as linguas de Espña??? Confesa, anónimo, ti droghaste, nom???