Piden dous anos de cadea para un acusado de facer tocamentos e tentar bicar un menor en Ourense

O Xulgado do Penal nº2 de Ourense celebrou tamén outra Audiencia Previa contra un home, maior de idade, acusado de agresión sexual por tentar bicar na boca a unha compañeira de traballo, de 17 anos, mentres ambos estaban nas instalacións da empresa.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/10/2025 | Actualizada ás 13:40

Comparte esta noticia

Fiscalía pide dous anos de prisión para un home, maior de idade, acusado de facer tocamentos e tentar bicar a un menor de idade en Ourense. Está previsto que sente ao banco o próximo 3 de febreiro de 2026 ás 11.15 horas, tras rexeitar conformidade na Audiencia Previa celebrada este venres no Xulgado do Penal nº2 de Ourense.

Segundo recolle o escrito fiscal, consultado por Europa Press, a madrugada do 8 de setembro de 2024, o acusado pediu un taxi/furgoneta coas súas amigas volvendo dunha festa en Verín. No taxi, ocupado por outro grupo de pesonas, o acusado sentou á beira da vítima, menor de idade, e "con intención de satisfacer as súas máis baixos e deostados instintos sexuais", empezou a tocar os xenitais desta por encima do pantalón, así como mulso e costas.

O acusado, ademais, colleu polo pescozo á vítima e tentou bicala, a pesar de que este se resistía "chegando a dicir varias veces que tiña noiva ante a insistencia de ter algún tipo de relación".

Por iso, o Ministerio Fiscal acusa o home dun delito de agresión sexual e solicita unha pena de dous anos de prisión, liberdade vixiada durante cinco anos unha vez finalizada a condena, inhabilitación especial para calquera oficio en contacto con menores por un tempo superior a cinco anos, a prohibición de aproximarse á vítima durante o mesmo tempo e o pago dunha indemnización de 1000 euros.

OUTRO CASO DE AGRESIÓN SEXUAL

O Xulgado do Penal nº2 de Ourense celebrou tamén outra Audiencia Previa contra un home, maior de idade, acusado de agresión sexual por tentar bicar na boca a unha compañeira de traballo, de 17 anos, mentres ambos estaban nas instalacións da empresa.

Segundo recolle o escrito fiscal, consultado por Europa Press, sobre as 20.00 horas do 25 de setembro de 2023, o acusado, que se atopaba nas instalacións da empresa onde prestaba servizos como empregado, chamou á vítima, tamén empregada da empresa, e "con ánimo de satisfacer os seus desexos sexuais", agarrouna da man e tentou bicala na boca en varias ocasións.

A vítima, que tiña 17 anos no momento dos feitos, apartou a cara mostrando así o seu rexeitamento, pero o acusado logrou bicarlle a fazula mentres lle dicía que "cando quedasen cinco minutos para o nove fose xunto a el que a ía a comer enterita".

Así, tras rexeitar conformidade, está previsto celebrar xuízo o 24 de febreiro de 2026 ás 11.15 horas contra o acusado, para o que Ministerio Fiscal pide un ano e medio de prisión, prohibición de comunicarse coa vítima durante tres anos e a prohibición de exercer calquera emprego que leve contacto directo con menores durante cinco anos.

Edificio dos Xulgados en Ourense. EUROPAPRESS
Edificio dos Xulgados en Ourense. EUROPAPRESS | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta