Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/10/2025 | Actualizada ás 18:37
O presidente da Real Academia Galega (RAG), Henrique Monteagudo, e a presidenta do Congreso dos Deputados, Francina Armengol, asinaron un convenio de colaboración entre ambas as institucións. O mesmo está centrado na formación, o coñecemento e a difusión do galego, especialmente no ámbito da linguaxe xurídica. Así, a RAG encargarase de traducir ao galego as iniciativas lexislativas aprobadas pola Cámara baixa.
Tamén prestará apoio puntual que se poida requirir para a tradución, validación e elaboración no idioma galego de documentos relacionados coa actividade non parlamentaria da Cámara. A presidenta do Congreso remarcou que este convenio é "un paso máis para "normalizar" o uso das linguas cooficiais en Galicia, o que dixo representa "as singularidades do Estado español".
"É unha loita por dignificar todas as linguas cooficiais", aseverou praa incidir en que supón estar "máis preto dos cidadáns". Pola súa banda, o presidente da RAG destacou iniciativas neste ámbito para o "recoñecemento plurilingüe". "Hai un déficit histórico pero é un paso máis", afirmou para incidir nas liñas de colaboración co Congreso. A firma tivo lugar no Palacio Municipal de María Pita con presenza da rexedora coruñesa, Inés Rey, e tamén doutras autoridades como o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.