"Éxito de vendas" do novo libro de Larpeiros

Galaxia presume do éxito editorial dun novo volume do popular cociñeiro da TVG Benigno Campo, neste caso sobre peixes e mariscos.

Por GC Tendencias | Vigo | 14/07/2016 | Actualizada ás 10:24

Comparte esta noticia

As cifras demostran que os libros de Benigno Campos sempre son un gran acontecemento porque son milleiros os seguidores e seguidoras do popular cociñeiro do programa da TVG, ‘Larpeiros’ pero, sobre todo, seguidoras e seguidores das súas receitas e do seu estilo de cociña galega e popular.

Benigno Campos
Benigno Campos | Fonte: Galaxia

A súa editorial, Galaxia, asegura que "non sorprende saber que o seu novo libro, centrado nos peixes e mariscos, está a ser un novo éxito editorial". A empresa explica que quen adquire os receitarios do de Chapela accede a un universo gastronómico recoñecible -cociña galega- mais "fondamente sorprendente polos seus planteamentos".

O novo volume foi editado hai unha semana. O seu obxectivo é "achegar a un público amplo a riqueza e fartura dos produtos do mar (...) partindo dos saberes populares de cociña . Nel Benigno Campos seleciona 150 das súas receitas máis coñecidas, incluíndo algunhas inéditas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta