Os alumnos cubren a enquisa do galego

Infórmannos de que nalgúns centros son os alumnos, e non os pais, os que están cubrindo a enquisa do galego no ensino, contrariamente ao que quere a Consellería de Educación...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 23/06/2009 | Actualizada ás 18:37

Comparte esta noticia

"Eu estaba na miña titoría dando clase, veu o director repartir as enquisas e, logo de explicarlles eu o que era, porque algúns non sabían de que enquisa se trataba, unhas alumnas comezaron a cubrila. Díxenlles que a idea era que a cubriran as familias na casa, e elas dixeron que ben podían cubrilas porque xa sabían o que pensaban seus pais", apunta unha profesora dun centro de Pontevedra.

"Un episodio bonito pasoume con outro alumno, tamén de 1º da ESO. Ensinoume a enquisa e pregunteille se a cubrira e a ía entregar, el díxome que non lla ía dar a seus pais porque: 'non quero que meus pais decidan o que teño e como teño que estudar", asegura outro.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 34 comentarios

34 anónimo

Un, a argumentación sofista vosa, segundo a cal o que non está con vos é un facha, etc... (xa paso de repetilo) non serve, rapaz. Nunha taberna quizáis, comigo non. É como o xitano que empeza acusando ao que ten fronte a el de racista... pois sí

33 anónimo

Anónimo…deixa de mentir.... EMPEZAMOS BEN

O das Galescolas foi unha mentira
CLARO, CLARO

e ti rasgaríaste as vestiduras.
VIVA LA ARGUMENTASION, LISENSIADO. OU SEXA, COMO NON SON NACIONALISTA, SON FACHA E SEGUIDOR DE GLORIA LAGO. XA COÑEZO O ARGUMENTO, PASO.
Que problema que os coñezan os galegos e se dean no colexio? Tamén te molesta iso??
NON, PERO A MENIÑOS DE 0 A 3 ANOS SÍ, PARÉCEME UNHA CHORRADA.
Bueno si sei…que te viches por reflexado nas miñas descripcións. Pois xa sabes, se te pica…ráñate.
XA CHE DIXEN QUE TES QUE RAÑARTE TÍ, QUE NON ME CHEGAS Á PUNTA...SAÚDOS DE NOVO DO DR. ***EZ E O RESTO, QUE DIN QUE POR SUPOSTO TRABALLAS MÁIS CA N?. PORQUETULOVALES

Non me veñas cos teus complexos e excusas... NON, EU FALO GALEGO NO TRABALLO, 100% DO TEMPO, TÍ TERÍA QUE VELO.

Ti non me coñeces de nada. Pero ten por seguro que do que pensas de min, trabucaste o 100%. Iso asegúrocho. Levaríaste unha sorpresa.
PROBABLEMENTE TÍ TAMÉN

O que si sei de ti es que es un maleducado. Díxenche varias veces que escribir en maiúsculas é sinónimo de berrar e se considera de mal gusto. Dixencho polas boas e polas malas.

AS NORMAS ORTOGRÁFICAS QUE COÑEZO NON DIN NADA AO RESPECTO, E PODO ASEGURARCHE QUE AS COÑEZO POLO MENOS TAN BEN COMA TÍ... OUTRA COUSA É O QUE DIGAN CATRO FRIKIS DO TECLADO.

32 un

"A ver, o tono benegallo (a ver si vos decatades dunha vez) é para non falar con vós. As constantes saídas de pata de banco de xente como o Bule Bule (o amigo dos funcionarios, que non damos pau a auga), tentando apropiarse e ser o UNICO E DEFINITIVO EXCLUSIVO CON DEREITO PER SE- PORQUEYOLOVALGO PARA FALAR GALEGO. OS REPRESENTANTES DA GALIZA (SÓ O EMPREGADES VOS), OS QUE DEFENDERON OS INTENTOS DA MESA DE POÑER MULTAS E IR PREGUNTANDO AOS ALUMNOS EN QUE FALABA TAL PROFESOR, OS DAS BONECAS GALEGOPARLANTES, AS LÁPIDAS EN GALEGO, O HINO GALEGO ROSALÍA E PONDAL NAS GALESCOLAS (A NENOS DE 0 A 3 ANOS). Sigo insistindo, deixade de utilizar a lingua como instrumento: TODOS"

Aquí está en perfecta síntese todas as mentiras de La Voz de Galicia contra a política do bipartito en materia linguística.
Calquera avance era visto coma unha chorrada. En vez de gobernar queren que as bonecas falen galego e todo iso... isto é ó único que se adican os do bloque, etc...

O conflito linguístico foi un conflito importado, mediático e favorecido polo PP máis recalcitrante e os seus media.
Menos do 50% dos pais contestan a enquisa , pero non había unha brutal imposición na escola?, como non contestan máis?. Como unha manifa en contra do decreto xunta a 4000 (incluidos buses de madrid de falange española e AVT), e a favor 40000. Porqué La Voz dixo que os 4000 amosaban o grave problema que había e os 40000 estaban manipulados ou eran malvados nacionalistas?.

Calquera neno de 6 anos entende cal é o problema. Pero que lle imos facer, en España sempre tivemos esta dereita mangante, contrareformista, católica de portas afora, imperialista e no fondo profundamente ignorante e pechada en si mesma. E a historia do pais.

31 Bule bule

Anónimo...deixa de mentir.

Quen está sacando as patas do banco es ti.

O das Galescolas foi unha mentira que botaron os bífidos a correr a ver se pillaban algúns inxenuos. Obviamente o conseguiron.

Que pasa coas lápidas?? Coas bonecas?? Esa é idea que tedes "imposición"?? Seguro que se as bonecas falaran galego, xa veríamos a Gloria Lago paseandoas por toda España e ti rasgaríaste as vestiduras.

Tamén que sucede con Rosalía e Pondal?? Son dos máis grandes escritores en língua galega. Que problema que os coñezan os galegos e se dean no colexio? Tamén te molesta iso?? Seguro que agora me verás que non tes "nada en contro do galego.

O da Mesa foi tamén unha mentira. Alguén viu algunha multa dese tipo?? Multáronte a ti?? Quen o dixo?? O que si non foron mentiras son os follóns que montaban os de Galicia Bilingüe nas reunións de APA's de varios colexios para que os demais pais se adheriran as suas teses. Pero claro, iso non é imposición.

Non sei a que ven agora as miñas filias e fobias cos funcionarios. Que sacas sen vir a conto en cada unha das túas intervencións. Bueno si sei...que te viches por reflexado nas miñas descripcións. Pois xa sabes, se te pica...ráñate.

Pois si. O Bloque fai ben en apropiarse. E mais, iso DEBERIANO FACER todos: partidos, sindicatos, asociacións cidadás, profesores, alumnos; asociacións profesionais....E mesmo ti. Pero claro non o fas por que non sexan que te señalen co dedo e te chamen radical ou independentista. Non me veñas cos teus complexos e excusas para non facer o que tiña que sair de dentro de todos os galegos.

E sobre todo os partidos. A min non me vale que un tal Palmou do PP salga dicindo o "galeguista" que é, e cale cando está a pasar todo isto.

Eu apropiome do galego. Si señor. E moi orgulloso de facelo. Cantos de aquí poden dicilo mesmo? Ti obviamente non.

Ti non me coñeces de nada. Pero ten por seguro que do que pensas de min, trabucaste o 100%. Iso asegúrocho. Levaríaste unha sorpresa.

O que si sei de ti es que es un maleducado. Díxenche varias veces que escribir en maiúsculas é sinónimo de berrar e se considera de mal gusto. Dixencho polas boas e polas malas. Mesmo creo recordar que outras persoas dixeroncho. E calqueira podecho confirmar. E ti, erre que erre, pasando de todo por que eres o papichulo da páxina?? A mín impórtame ben pouco o que digas sempre que non mintas. En internet hai unhas certas normas de educación coma na vida real.

Isto das maiúsculas, a ti, pareceráche trivial. A mín, dime moito da clase de xente con quen estou a falar. E non é bo.

30 lercha

Digo eu se podo abortar con 15 anos, por qué non podo contestar a unha enquisa?