Os alumnos cubren a enquisa do galego

Infórmannos de que nalgúns centros son os alumnos, e non os pais, os que están cubrindo a enquisa do galego no ensino, contrariamente ao que quere a Consellería de Educación...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 23/06/2009 | Actualizada ás 18:37

Comparte esta noticia

"Eu estaba na miña titoría dando clase, veu o director repartir as enquisas e, logo de explicarlles eu o que era, porque algúns non sabían de que enquisa se trataba, unhas alumnas comezaron a cubrila. Díxenlles que a idea era que a cubriran as familias na casa, e elas dixeron que ben podían cubrilas porque xa sabían o que pensaban seus pais", apunta unha profesora dun centro de Pontevedra.

"Un episodio bonito pasoume con outro alumno, tamén de 1º da ESO. Ensinoume a enquisa e pregunteille se a cubrira e a ía entregar, el díxome que non lla ía dar a seus pais porque: 'non quero que meus pais decidan o que teño e como teño que estudar", asegura outro.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 34 comentarios

29 entre_lusco_e_fusco

... algúns vedes pantasmas en demasía ... será por mor da bailadela do sol do san xoan ou dos efectos das cantarelas?

28 luou

Chamémoslle as cousas polo seu nome: vivimos inmersos nunha campaña en tódolos frentes de odio contra o galego (tamén contra o catalán e o vasco).
Está dirixida polas tramas negras que agora proliferan na política española .
O triste é que o propio goberno de Galicia esté ao servicio desas tramas.

27 beldro

Oes ppanónimo, un consello homiño: procura non escoitar tantas horas ó teu amigo fedejico que che fai moito mal na cabesiña. Eu creo que as duas neuronas que che quedan non se falan.
E cando digas algo, procura que o fel que botas pola boca che saia para fora, que sinon podes morrer envelenado.
De nada homiño, de nada...

26 D´aldea

Deixa tí de dar a vara e leccións de nada a ninguén, ou que te crees que eres.
Cando deixes tí de utilizar a lingua

25 anónimo

A ver, o tono benegallo (a ver si vos decatades dunha vez) é para non falar con vós. As constantes saídas de pata de banco de xente como o Bule Bule (o amigo dos funcionarios, que non damos pau a auga), tentando apropiarse e ser o UNICO E DEFINITIVO EXCLUSIVO CON DEREITO PER SE- PORQUEYOLOVALGO PARA FALAR GALEGO. OS REPRESENTANTES DA GALIZA (SÓ O EMPREGADES VOS), OS QUE DEFENDERON OS INTENTOS DA MESA DE POÑER MULTAS E IR PREGUNTANDO AOS ALUMNOS EN QUE FALABA TAL PROFESOR, OS DAS BONECAS GALEGOPARLANTES, AS LÁPIDAS EN GALEGO, O HINO GALEGO ROSALÍA E PONDAL NAS GALESCOLAS (A NENOS DE 0 A 3 ANOS). Sigo insistindo, deixade de utilizar a lingua como instrumento: TODOS