Os alumnos cubren a enquisa do galego

Infórmannos de que nalgúns centros son os alumnos, e non os pais, os que están cubrindo a enquisa do galego no ensino, contrariamente ao que quere a Consellería de Educación...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 23/06/2009 | Actualizada ás 18:37

Comparte esta noticia

"Eu estaba na miña titoría dando clase, veu o director repartir as enquisas e, logo de explicarlles eu o que era, porque algúns non sabían de que enquisa se trataba, unhas alumnas comezaron a cubrila. Díxenlles que a idea era que a cubriran as familias na casa, e elas dixeron que ben podían cubrilas porque xa sabían o que pensaban seus pais", apunta unha profesora dun centro de Pontevedra.

"Un episodio bonito pasoume con outro alumno, tamén de 1º da ESO. Ensinoume a enquisa e pregunteille se a cubrira e a ía entregar, el díxome que non lla ía dar a seus pais porque: 'non quero que meus pais decidan o que teño e como teño que estudar", asegura outro.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 34 comentarios

24 Vaia moderación e neutralidade

Anda e vai rñala contra un valado Sr na Rua!

23 Bule bule

Que tonterías dis na rua?? Se unha das cousas que se lle botaron enriba o BNG era seguir coa política do PP en matería lingüística.

A Lei de Normalización Linguística ten 25 anos. De aquela nin o bloque estaba no parlamento.

No 2004 aprobouse por UNANIMIDADE (Estaba de aquela Feijoo no goberno) a lei que regula a educación e o seu desenrolo viu no famoso Decreto do Galego do 2007. Sabes o que significa "unanimidade"?? Tamén votouna Feijoo.

Así que para escribir tontadas sen sentido o mellor que podes facer e non escribilas.

Claro que non protestabades. Antes permitisevos incumprir a lei e o facíades agochados baixo o "bilingüismo cordial", pero co cambio de goberno, obrigou os cobardes a sair e da-la cara. ISO é o que non vos gustou.

E de todos es sabido (hai probas) que todos vos, montades todo isto por influenza de persoas alleas e de fora de Galiza.

22 Na rua

A consulta do galego nos centros de ensino e o tema das oposicións é froito da lei do péndulo: os excesos do BNG no bipartito xeraron un conflito idiomático que non existía na era Fraga. O resultado da acción de goberno do partido que di defender o galego e Galiza-Galicia foi volver á xente en contra do galego. Na era Fraga, usábase no ensino, e nas oposicións, mais do que se vai usar agora, e ninguén protestaba. Ese partido, o BNG, que di que é o único que defende Galicia (Galiza, segundo eles, aínda que ninguén, salvo eles, usen ese termo hoxe en día), é o que mais perxudicou a Galicia e o galego

21 anónimo

Por suposto que o digo, a quen queira escoitar.

20 un

Eu tamén estou de acordo en que deixen a língua como está.
Iso anónimo terás que dicirllo a Feijoo que é o interesado en non deixar a língua como está.