Os alumnos cubren a enquisa do galego

Infórmannos de que nalgúns centros son os alumnos, e non os pais, os que están cubrindo a enquisa do galego no ensino, contrariamente ao que quere a Consellería de Educación...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 23/06/2009 | Actualizada ás 18:37

Comparte esta noticia

"Eu estaba na miña titoría dando clase, veu o director repartir as enquisas e, logo de explicarlles eu o que era, porque algúns non sabían de que enquisa se trataba, unhas alumnas comezaron a cubrila. Díxenlles que a idea era que a cubriran as familias na casa, e elas dixeron que ben podían cubrilas porque xa sabían o que pensaban seus pais", apunta unha profesora dun centro de Pontevedra.

"Un episodio bonito pasoume con outro alumno, tamén de 1º da ESO. Ensinoume a enquisa e pregunteille se a cubrira e a ía entregar, el díxome que non lla ía dar a seus pais porque: 'non quero que meus pais decidan o que teño e como teño que estudar", asegura outro.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 34 comentarios

19 anónimo

Entre todos estades alimentando á besta: QUE DEIXEN A LINGUA COMA ESTÁ, E SE QUEREN ARRANXAR OS PROBLEMAS REAIS DO ENSINO (QUE NON INTERESA) QUE SE POÑAN E CONTARÁN COA AXUDA DE BOA PARTE DA COMUNIDADE EDUCATIVA. NORABOA A QUEN DÍ QUE OS FILLOS DE 12 ANOS TEÑEN SUFICIENTE XUIZO E ENTENDEMENTO, DESES HAI CATRO CONTADOS.

18 un

Para o dilema cociente/coeficiente intelectual saímos de dúbidas facilmente:
http://es.wikipedia.org/wiki/Cocien...
Polo demais gracias pola información 1979-1981.. a miña primeira clase de galego foi en 6º de EXB e nacin no 1972. Non atopei daquela xornais que falasen da brutal imposición do castelán co 95% de clases nesa língua.. moitos de GB daquela eran profesores e non estaban interesados no tema. Sería que era o que preferían.
Bueno, para que falar de obviedades. A educación galega debe garantizar o coñecemento das dúas línguas oficiais da comunidade. Sería unha barbaridade que un neno non se poidese expresar en castelán ó rematar a escola e viceversa.
Na Coruña hai un 20-30% de rapaces de 16 anos que non saben falar galego. Non que non o falen, ou on queiran falalo, que iso dame igual. Simplemente non saben unha das línguas oficiais da comunidade.

17 Un que ten

Si home si, tan difícil será conxugar o verbo ter?.

16 Os tempos cambian

Certo que a Galiza de 2009 non é a dos 90, 80 ou 70, cada vez menos xente vota ao nacionalismo e por algo será.

15 Un que teñe 70

Un, dise COCIENTE e non COFICIENTE. Se queres a explicación pídesma, sería unha honra para a miña familia poder achegarlle algo a unha persoa da túa valía.

Por certo, o galego implantouse por primeira vez como materia aos alumnos de 14 anos (1ºBUP) no curso 1979-80 nos institutos públicos, o meu caso, e en 1980-81 nos colexios privados, o teu caso.