Os alumnos cubren a enquisa do galego

Infórmannos de que nalgúns centros son os alumnos, e non os pais, os que están cubrindo a enquisa do galego no ensino, contrariamente ao que quere a Consellería de Educación...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 23/06/2009 | Actualizada ás 18:37

Comparte esta noticia

"Eu estaba na miña titoría dando clase, veu o director repartir as enquisas e, logo de explicarlles eu o que era, porque algúns non sabían de que enquisa se trataba, unhas alumnas comezaron a cubrila. Díxenlles que a idea era que a cubriran as familias na casa, e elas dixeron que ben podían cubrilas porque xa sabían o que pensaban seus pais", apunta unha profesora dun centro de Pontevedra.

"Un episodio bonito pasoume con outro alumno, tamén de 1º da ESO. Ensinoume a enquisa e pregunteille se a cubrira e a ía entregar, el díxome que non lla ía dar a seus pais porque: 'non quero que meus pais decidan o que teño e como teño que estudar", asegura outro.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 34 comentarios

14 un

A Galicia do 2009 non é a de 1990, nin a de 1980, nin a de 1960.

O castelán avanza co cambio do modo de vida, o castelán avanza coa urbanización nas cidades e áreas periurbanas.
O galego mantense no rural e no modo de vida rural.

A perda de falantes é lineal comparada co índice de urbanización.
O problema é que nunca houbo unha escola galega en ambiente urbano. O bilinguismo armónico favorecía a língua maioritaria e no ambiente urbano era o castelán. Non había opción a educar a un neno nunha escola galega en ambiente urbán. E pois logo todos os nenos se adaptaban á cultura imperante.
Esperemos que alomenos exista a posibilidade de ter unha escola galega nos ambientes urbanos, e que o resto se asegure o coñecemento do galego na escola e o bilinguismo real.

13 un

Na Coruña o galego na escola debeu comezar no 1981. Unha clase tres días á semana. O resto 99% en castelán.
Isto é obviamente unha imposición do castelán.
Porque entón non se respostou a esa imposición falando galego ó sair da clase?
Verdadeiramente hai xente que usa uns argumentos que amosa ás claras que o problema educativo non está na língua. Teñen coeficientes de 70 como moito.

12 Vaia moderación e neutralidade

Agora a promover o analfabetismo chámase falar con naturalidade, o galego según tí e unha fala de andar por casa que non necesita de estudo nin normalización, e formarse nela e falar correctamente é radicalidade e de nacionalistas, . A facer promoción do 50% na educación, Imposición.

11 anónimo

... dicía que tamén é a miña experiencia. ao meu libre parecer en realidade o fondo da cuestión non está no idioma senón no grao de sentido de liberdade que cada quen sexa capaz de colleitar e sentir ...

cómo pode ser posible que certos reductos políticos leven 40 anos laiandose da falta de libertade. ¿pero qué de qué coño de falta de libertade falan?

e qué dicir dise idioma trasmutado e peculiar que falan algúns ultradefensores da lingoa que soio entre eles se entenden ...

enfín ... lamentable.

o idioma emprégase con naturalidade e punto e si serve para entenderse, mellor que mellor ...

coincido co que fala da súa realidade porque esa é a realidade á que nos levaron certas actitudes políticas idiomáticas dos dun e dos do doutro lado ... pura arma arroxadiza para entreterse dandose labazadas a prol do espazo endogámico no que viven ... de costas ós cidadáns!!!

10 anónimo

"Hoxe en día a realidade é que os rapaces veno como unha imposición e xa que logo, como novos que son, revélanse ..."

tamén a miña experiencia e foi á inversa en tempos máis fodidos. son galego falante por liña paterna e materna e, aló polos 6o e 7o tiñámos problemas para expresarmonos en galego e mesmo nos chamaban paletos, pois ... resistimos e mesmo ao chegar á universidade empregabamos o galego por convición e para revelarmonos ...

con iso non quero dicir que non se deba primar o galego. o que pasa é que tras do que está pasando eu vexo un pouco de liorta artificial e artificiosa que non lle fai ben ningún ó galego.

¿cómo é posible que podamos ser tan parvos de crer que respostar un examen tipo test en galego ou castelan nas oposicións á xunta significa que un emprega máis ou menos e domina mellor ou pior o idioma galego?

¿cómo é posible que deixemos que dirixa esta liorta artificial e artificiosa o nacionalismo excluínte para grande gozo da dereita exluínte que ten a coartada perfecta para avanzar "de facto" na discriminación da lingoa?

xa está ben de parvadas ... a ver si espabilamos ... mágoa que sempre caiamos nas mesmas liortas estériles ...