Os alumnos cubren a enquisa do galego

Infórmannos de que nalgúns centros son os alumnos, e non os pais, os que están cubrindo a enquisa do galego no ensino, contrariamente ao que quere a Consellería de Educación...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 23/06/2009 | Actualizada ás 18:37

Comparte esta noticia

"Eu estaba na miña titoría dando clase, veu o director repartir as enquisas e, logo de explicarlles eu o que era, porque algúns non sabían de que enquisa se trataba, unhas alumnas comezaron a cubrila. Díxenlles que a idea era que a cubriran as familias na casa, e elas dixeron que ben podían cubrilas porque xa sabían o que pensaban seus pais", apunta unha profesora dun centro de Pontevedra.

"Un episodio bonito pasoume con outro alumno, tamén de 1º da ESO. Ensinoume a enquisa e pregunteille se a cubrira e a ía entregar, el díxome que non lla ía dar a seus pais porque: 'non quero que meus pais decidan o que teño e como teño que estudar", asegura outro.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 34 comentarios

4 kleenex

Claro por iso nos USA dos 60s os negros tiñan que ir nas cadeiras traseiras dos autobuses ou comer aparte nos restaurantes ou non tiñan traballo porque como eran negros IMPOÑIAN.
Por iso en moitas empresas o curriculum elaborado na lingua propia do país tírase ao lixo sen importar a formación académica, por radical e porque IMPON.
O GALEGO IMPON E NON HAI MAIS NADA QUE ARGUMENTAR.
Debe ser cousa de meigas!

3 A miña realidade

Os meus fillos teñen máis de 12 de anos e son eles os que encheron a enquisa pois considero que teñen suficiente xuízo e coñecemento para decidir; e do mesmo xeito fixeron coa segunda lingua (francés ou aleman) ou con relixión, ou con materias de ciencias e letras. E como eles fixeron a maioría dos seus amigos.

Por outra banda nunca se estudo tanto galego e nunca se falo tan pouco. Nos meus tempos só tiñamos unha materia de galego, o galego, e a todos gustábanos estudalo e falalo. Hoxe en día a realidade é que os rapaces veno como unha imposición e xa que logo, como novos que son, revélanse,falando só en castelán unha vez que saen de clase, polo menos nos núcleos máis ou menos urbanos. O contado é a miña experiencia.

2 Zush

Pois claro. Son os alumnos quen reciben as clases, non os pais (ainda que estes, hoxe en dia, tamén necesitan moita educación).

1 kleenex

Por min que as cubran con porco celta e a ver se as enquisas dan boa cria, en calquera caso sempre poden dar bon uso de papel hixiénico