Uns 20 concellos forman parte do Programa Vivendas Baleiras da Xunta, tras a incorporación de Curtis

Unha vintena de municipios galegos forman parte xa do Programa de Vivendas Baleiras da Xunta, tras as incorporación de Curtis (A Coruña) a esta iniciativa, segundo informou a conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, tras a sinatura dun convenio co rexedor deste municipio, Javier Francisco Caínzos.

A CORUÑA | 24/08/2016 | Actualizada ás 13:43 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Unha vintena de municipios galegos forman parte xa do Programa de Vivendas Baleiras da Xunta, tras as incorporación de Curtis (A Coruña) a esta iniciativa, segundo informou a conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, tras a sinatura dun convenio co rexedor deste municipio, Javier Francisco Caínzos.

Sobre este convenio, dixo que supón "a posta en marcha efectiva" deste programa no municipio coruñés co obxectivo de facilitar o acceso a unha vivenda "ás familias que máis o necesitan".

En concreto, recordou que se trata de, con vivendas desocupadas, crear "unha bolsa de vivendas sociais" dirixida a familias que perderon a súa casa por unha execución hipotecaria ou que tiveron que abandonala por non pagamento de aluguer. Non obstante, recordou tamén que está dirixido, ademais, a familias con poucos recursos ou dependentes.

SUMARSE MÁIS CONCELLOS

Sobre o convenio con Curtis, dixo que se converte "nun dos primeiros concellos da provincia da Coruña en sumarse a este programa", mentres que instou ao resto de concellos, en alusión especialmente ás grandes cidades, a incorporarse a esta iniciativa.

Pola súa banda, o alcalde, manifestou "a día de hoxe" non teñen ningunha persoa no municipio afectada pola situación que recolle o programa, pero precisou que se adhiren a este para poder atender posibles casos. En concreto, dixo que esperan poñer a disposición unhas 30 vivendas.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta