EDP Renováveis incrementará a capacidade e o número de aeroxeneradores do seu parque eólico en Santa Comba (A Coruña)

EDP Renovábeis, o cuarto produtor mundial de enerxía eólica, está a levar a cabo unha ampliación do parque de Fontesilva, situado no concello coruñés de Santa Comba.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/08/2016 | Actualizada ás 19:47 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

EDP Renovábeis, o cuarto produtor mundial de enerxía eólica, está a levar a cabo unha ampliación do parque de Fontesilva, situado no concello coruñés de Santa Comba.

Con esta actuación, segundo indicou a compañía a través dun comunicado, incrementarase tanto a capacidade do parque como o número de aeroxeneradores.

Así pois, segundo as súas contas, unha vez finalice esta ampliación, o parque xerará anualmente enerxía para abastecer preto de 16.000 fogares durante o mesmo período.

Ao respecto, o director de promoción de EPDR, Joaquín García Boto, destacou a importancia que ten para a empresa "seguir crecendo en Galicia", así como o seu "forte compromiso" coa comunidade.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta