LUGO | 30/08/2016 | Actualizada ás 15:10 por EUROPA PRESS
A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, destacou este martes que o seu departamento destinará 340.000 euros á construción dunha senda peonil en Láncara (Lugo) e á ampliación da ponte sobre o río Neira.
En declaracións aos medios tras reunirse co alcalde, a conselleira resaltou que estas actuacións permiten "dar resposta ás demandas dos veciños", pois facilitarán os desprazamentos a pé e mellorarán a seguridade vial.
En canto á senda, terá unha lonxitude de medio quilómetro e o seu proxecto construtivo realizarase, en palabras da dirixente autonómica, "este ano".
Pola súa banda, a ponte contará con máis carrís de circulación para mellorar a mobilidade e construirase tamén unha rotonda que aumente a visibilidade na zona.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.