Por GcToday | A Coruña | 30/08/2016 | Actualizada ás 22:42
Deste xeito lévase a cabo unha petición popular con historia na que os habitantes da Coruña querían facer uso da súa nacionalidade otomana.
Queda agora por dilucidar se o nacionalismo Koruño conformará lista para estes comicios, que de ser así podería conseguir unha grande porcentaxe de votos na cidade de Hércules.
Erdogan cumpre así coa súa palabra de reunificación do grande imperio otomano, no cal, unha das súas partes se asentaba a orillas do atlántico. Pola contra Carlos Negreira, do Partido Popular da Coruña, di non saber nada da nova, e que sempre e cando redunde no benestar do empresariado coruñés, non se oporá a consulta. Pero advirte, que se pretenden cercenar as liberdades coruñesas para tentar unha secesión independentista porá o asunto en mans do Valedor do Pobo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.