O novo centro de saúde de Vilarrodís (Arteixo) comezará a funcionar este luns

O novo centro de saúde de Vilarrodís (Arteixo) comezará a funcionar este luns, día 12, segundo informa a Xerencia de Xestión Integrada da Coruña.

A CORUÑA | 09/09/2016 | Actualizada ás 20:04 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O novo centro de saúde de Vilarrodís (Arteixo) comezará a funcionar este luns, día 12, segundo informa a Xerencia de Xestión Integrada da Coruña.

Este centro permitirá redistribuír a poboación de referencia do centro de saúde de Arteixo. A área de influencia prevista correspóndese coa parroquia de Oseiro, que abrangue os lugares de Aguceiras, A Fraga, O Froxel, Galán, O Igresario, O Moucho, A Pedreira, Ponte, Pontello, Raña, Rañobre, Sabón, O Seixedo e Vilarrodís, apunta.

O novo centro de saúde ten unha superficie construída de 2.914 metros cadrados en tres niveis, nos que se sitúan as consultas de medicina de familia e enfermaría familiar e comunitaria, así como as urxencias e a sala de educación maternal, entre outros servizos.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta