O debate na CRTVG amosa unha oposición unida fronte a Feijóo

PSdeG, En Marea e BNG ábrense a unha coalición postelectoral de esquerdas mentres que C's ratifica o seu apoio a Feijóo. Tensión entre os partidos de esquerda pola moderación do debate.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 13/09/2016 | Actualizada ás 00:35

Comparte esta noticia

Debate bronco, con poucas propostas e moi encorsetado no que non houbo ningún claro gañador. Feijóo foi acurralado en varios momentos, pero sen chegar a ser vencido. Tampouco os candidatos da oposición foron quen de darlle a estocada, a pesar de que foron de menos a máis en case dúas horas de programa nos que saltou a tensión polas críticas de partidismo por parte da moderación do debate.

Os candidatos de PPdeG, PSdeG, En Marea, BNG e C's cos conductores do debate na CRTVG
Os candidatos de PPdeG, PSdeG, En Marea, BNG e C's cos conductores do debate na CRTVG | Fonte: CRTVG

Un dos grandes anuncios que saíu do debate a cinco na CRTVG foi o de posibles pactos electorais. PSdeG, En Marea e o BNG aproximaron posicións para sacar a Feijóo do poder se os númros cadra. "Hai dous camiños, o PP ou o PSOE, nós tenderemos a man para construír unha maioría alternativa liderada polo PSOE", manifestou a cabeza de lista do PSdeG, Xoaquín Fernández Leiceaga.

"Pactaremos con todas as persoas e institucións que aposten pola redistribución da riqueza, a xustiza social, a democracia, non contra as persoas que fixen políticas de sufrimento ou teñan coalicións cun partido dinástico; non teremos coalicións con xente como Baltar ou como vostede" espetou ao popular Alberto Núñez Feijóo a cabeza de lista de En Marea, Luís Villares. Pola súa banda, a nacionalista Ana Pontón asegurou que o Bloque "tenderá a man para un goberno de esquerdas".

Do outro lado, o PPdeG e Ciudadanos. De feito, este partido, asegurou que no próximo Parlamento galego haberá dous bloques: os constitucionalistas e os nacionalistas e populistas". Así, asegurou que a opción é "un Feijóo facendo o que lle dá a gana ou un Feijóo condicionado e controlado" por C's.

Feijóo, pola súa banda, comprometeu que tentará formar goberno se gaña as eleccións e aseverou que a súa coalición é “cos cidadáns". Ademais, reprochou que o PSOE non pacte con nacionalistas e Podemos en Madrid e en Galicia entregouse" a eles.

PSdG, BNG e En Marea coincidiron tamén nas súas exposicións en criticar a xestión que o PPdeG fixo da política social en Galicia durante as dúas lexislaturas en que gobernou o candidato popular á reelección, Alberto Núñez Feijóo. Ante os ataques, o presidente en funcións reivindicou o aumento en prazas públicas de gardarías, centros de día e residencias e o investimento en hospitais e colexios.

Críticas

Pero, sen dúbida os momentos de maior tensión vivíronse pola distribución do tempo e a moderación dos distintos espazos. De feito, non foron poucos as partes do debate nas que tanto Leiceaga, coma Luis Villares e a propia Pontón, protestaron polo excesivo tempo e trato de favor que se lle daba a Feijóo, que tiña quedas extras de palabras.

“Pedimos desculpas se houbo problemas pero os debates teñen estas cousas, a pesar de ter pactado o formato entre os cinco partidos”, desculpábase ao final do programa Kiko Novoa tras a contundencia amosada anteriormente pola súa compañeira Marta Darriba que mesmo chegou a amonestar a algún dos candidatos da oposición polas súas críticas a como se estaba conducindo o debate.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 44 comentarios

26 nostrus

Cos nacionáticos esta mais promocionada a lingua galega, pero non mais garantida porque utilizana como si fose un martelo. Con C´s a lingua galega será promocionada respetando a liberdade das personas, de modo amable.

1 Elautobusfeliz

Tes razón nostrus, como no autobus de ciudadanos demostrando ser uns completos analfabetos en galego, descoñecendo os símbolos de Galicia e presumindo ademáis da súa ignorancia. Eso si, todo moi amable. Incluso vivindo nos anos cincuenta en España, non se chegaría a tal grado de "cutreria". Eses o único que van garantizar é a liberdade para ser máis paletos se cabe. Vamos un reflexo puro do que ti eres nostrus.

25 Uxía

Moi ben Cristina Losada. Por fin alguén fala o outro idioma oficial de Galicia con toda naturalidade nun debate político da Telegaita

1 Vila

Ugía, que se te ve la perrecha.

2 nostrus

Claro Uxia, é que C´s fórmano xente sen complexos nin autodio do que son. Con Cidadans gañamos todos, tanto os nacionalistas como os que non o somos, porque os nacionalistas poderan falar galego canto lles pete e poderan estudar seua fillos en galego e os que non o somos tamen poderemos falar galego ou español e poderemos educar aos nosos fillos na lingua oficial que queramos, mentras que si gañan os nacináticos só se poderá estudar na lingua que eles digan. Con C´s gañamos todos e por eso incluso aos nacionaticos lles seria mellor que votaran por C´s para ter garantida a liberdade.

24 Alberte

Muito bem a Ana. Villares é um cavalo de Troia do espanholismo, e o seu jeito de olhar cara aos lados (cuspidinho a Miguel Tellado) indica que agacha algo.

1 LKI

En Galiza tan só hai un Cabalo de Troia do Españolismo: http://praque.blogaliza.org/2011/02...

2 Parada do Sil

LKI vaille tapar o rabo a Pam a insultadora! Por certo, hai que ser xustos, o de Massó en Cangas é suficiente para que calquera galego decente NON vote nunca máis ao BNG! O da Pam, que tanto tapades, o mesmo castigo merecedes nas Mareas!

3 John McNamara

Eses señores que aparecen na foto non están no Bloque, é máis apoian ás Marea de Mariano Abalo....como cambia o conto....ja,ja,ja

4 Alberte

Diz o Sr. juiz que eles vão derrogar a LOMCE. E com maioria abonda para o fazer, que caralho fizeram estes 6 meses em Madri? Visitar a tumba de Cervantes? E a respeito do cavalo de Troia... olhai para o que aconteceu com o Garzón

23 Amigos para siempre

Os indecisos onte decidiron vendo Telecinco!

22 per

Pesimo debate da tvg,,e vergoña de non poñer a CxG,, de todos xeitos pra os que tiñamos dubidas,, esta claro a Ponton.