O debate na CRTVG amosa unha oposición unida fronte a Feijóo

PSdeG, En Marea e BNG ábrense a unha coalición postelectoral de esquerdas mentres que C's ratifica o seu apoio a Feijóo. Tensión entre os partidos de esquerda pola moderación do debate.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 13/09/2016 | Actualizada ás 00:35

Comparte esta noticia

Debate bronco, con poucas propostas e moi encorsetado no que non houbo ningún claro gañador. Feijóo foi acurralado en varios momentos, pero sen chegar a ser vencido. Tampouco os candidatos da oposición foron quen de darlle a estocada, a pesar de que foron de menos a máis en case dúas horas de programa nos que saltou a tensión polas críticas de partidismo por parte da moderación do debate.

Os candidatos de PPdeG, PSdeG, En Marea, BNG e C's cos conductores do debate na CRTVG
Os candidatos de PPdeG, PSdeG, En Marea, BNG e C's cos conductores do debate na CRTVG | Fonte: CRTVG

Un dos grandes anuncios que saíu do debate a cinco na CRTVG foi o de posibles pactos electorais. PSdeG, En Marea e o BNG aproximaron posicións para sacar a Feijóo do poder se os númros cadra. "Hai dous camiños, o PP ou o PSOE, nós tenderemos a man para construír unha maioría alternativa liderada polo PSOE", manifestou a cabeza de lista do PSdeG, Xoaquín Fernández Leiceaga.

"Pactaremos con todas as persoas e institucións que aposten pola redistribución da riqueza, a xustiza social, a democracia, non contra as persoas que fixen políticas de sufrimento ou teñan coalicións cun partido dinástico; non teremos coalicións con xente como Baltar ou como vostede" espetou ao popular Alberto Núñez Feijóo a cabeza de lista de En Marea, Luís Villares. Pola súa banda, a nacionalista Ana Pontón asegurou que o Bloque "tenderá a man para un goberno de esquerdas".

Do outro lado, o PPdeG e Ciudadanos. De feito, este partido, asegurou que no próximo Parlamento galego haberá dous bloques: os constitucionalistas e os nacionalistas e populistas". Así, asegurou que a opción é "un Feijóo facendo o que lle dá a gana ou un Feijóo condicionado e controlado" por C's.

Feijóo, pola súa banda, comprometeu que tentará formar goberno se gaña as eleccións e aseverou que a súa coalición é “cos cidadáns". Ademais, reprochou que o PSOE non pacte con nacionalistas e Podemos en Madrid e en Galicia entregouse" a eles.

PSdG, BNG e En Marea coincidiron tamén nas súas exposicións en criticar a xestión que o PPdeG fixo da política social en Galicia durante as dúas lexislaturas en que gobernou o candidato popular á reelección, Alberto Núñez Feijóo. Ante os ataques, o presidente en funcións reivindicou o aumento en prazas públicas de gardarías, centros de día e residencias e o investimento en hospitais e colexios.

Críticas

Pero, sen dúbida os momentos de maior tensión vivíronse pola distribución do tempo e a moderación dos distintos espazos. De feito, non foron poucos as partes do debate nas que tanto Leiceaga, coma Luis Villares e a propia Pontón, protestaron polo excesivo tempo e trato de favor que se lle daba a Feijóo, que tiña quedas extras de palabras.

“Pedimos desculpas se houbo problemas pero os debates teñen estas cousas, a pesar de ter pactado o formato entre os cinco partidos”, desculpábase ao final do programa Kiko Novoa tras a contundencia amosada anteriormente pola súa compañeira Marta Darriba que mesmo chegou a amonestar a algún dos candidatos da oposición polas súas críticas a como se estaba conducindo o debate.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 44 comentarios

16 Ana

Ana Ponton foi a mellor, certo, nun debate gris. Tamen o Alaves lle gañou ao Barça, e non aspira o Alaves a ser campion da liga, como moito a non baixar... Pois iso, non vos molestedes tanto en inflar, que os decisivos van ser outros. E non foi para tanto, ningun lle cantou a Feixo tanto como merecia. Outra oportunidade perdida, o debate e as eleccions. So os que aspiran a colocar catro mantidos do aparato estan satisfeitos? Ben pronto lles deron acomodo e satisfaccion as prioridades!

1 OArquiveiro

Creo que ninguén pensa co BNG vai gañar as eleccións aínda así, e visto o de onte, creo que Pontón merece ter sitio no Parlamento...

2 Galahaz

Algúns semella que preferides un resultado PP 38, En Marea 20, PSOE 14, BNG 2, C'S 1, antes que un PP 37, PSOE 17, En Marea 15, BNG 6, por exemplo. O que sexa con tal de afundir ao Bloque! Pois que saibas que calquera opción de conseguir desaloxar a Feijóo da Xunta pasa porque o BNG obteña escanos polas catro provincias. Éche así. Ah, e Villares como comunicador é un bluf. Onte tiña unha oportunidade de ouro para darse a coñecer ante a sociedade galega -porque non esquezamos que para moitos era un completo descoñecido até fai catro días- e en certas partes do debate deu vergonza allea, amosando un tremendo nerviosismo, vocalizando mal e mesmo comendo palabras. Dito isto, oxalá que a Marea saque un bo resultado ao igual que o BNG e o PSOE. Algúns parece que confundides o inimigo.

3 M. Meixide

Sodes ben tramposos no BNG, ou pouco de fiar, dito con rotundidade, pois é igual de válido que o BNG teña representantes en todas as provincias que en ningunha, e será isto último o que ocorra. Polo tanto as vosas contas non saen, e xa sabemos que preferides ao PSOEspañol de segunda forza, agradecemos a sinceridade. E quede claro: paso de votar polas Mareas con deputadas insultadoras como a Pam dentro, e outros amigos de corruptos e fillos de transfuga polo sur de Lugo. Que vos preste!

15 JosePallares

Eu a verdade tiña dúbidas entre Compromiso e o Bloque. Pero a intervención de onte de Pontón fixo que decantase definitivamente o meu voto. Noutra situación votaría Compromiso pero diante unha candidata do Bloque con ideas sólidas e ganas, votarei Bloque aínda que algunhas ideas, para o meu gusto moi á esquerda, non che me gustan nada. Pero é que enfronte está Feijoo (ou Feijoo con Losada que xa para marchar a Groenlandia)

14 Galahaz

Pois penso que o debate de onte foi bastante positivo por tres cousas: 1) Ana Pontón estivo moi ben, e iso pode ser decisivo para que o BNG recupere un pouco de terreo e finalmente consiga facerse con como mínimo un escano por provincia, conseguindo que os votos ao Bloque en Ourense e Lugo non vaian ao lixo reducindo así a maioría do PP nesas provincias; 2) Leiceaga estivo correcto, tentando dar unha imaxe de xestor solvente, quizais isto poida axudar a que algúns (poucos iso si) posíbeis votantes do PP e de C's opten por el; 3) Cristina Losada cavou onte a súa foxa e renunciou a calquera posibilidade de obter escano, non obstante pode ser moi importante para restarlle votos "ultras" ao PP. Eu penso que hai partido.

13 OArquiveiro

Ben Pontón onte no debate! Unha sorpresa para aqueles que non seguimos ao Bloque... Villares ben, pero faltoulle algo de experiencia en debates. Feijóo na súa liña, Leiceaga moi sosiño e a de C's... XD

12 Hioto

10,8,6, liberados da CIG a soldo da Pontona

1 Galego

mellor os de CC.OO peperos a amenazar de morte a quen acabou coas cacicadas na deputación.