"ALEA IACTA EST"

Preto dun 30% dos pais quere que a ensinanza dos seus fillos sexa só en castelán, fronte a un 20% que quere que se faga só en galego. Case o 50% aposta polas duas linguas tanto na ensinanza Primaria, na secundaria como na Formación Profesional. Estes son os datos da enquisa encargada por Educación e que deu hoxe a coñecer o secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo.  Gaña, pois, o ensino bilingüe tal e como resalta a propia Xunta nun comuicado de prensa. Podes ver o informe completo aquí.

Por Galicia Confidencial | Galicia | 31/07/2009 | Actualizada ás 12:48

Comparte esta noticia

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 53 comentarios

38 Enquisa al dente

En calquera caso despois de mes e medio de coción de enquisa xa lle sairon "as contas de pinocho" a Feijoo.

Están que lo bordan los tecnócratas

37 anonimus

Seica que os bloqueritos son os maís idoneos pra falar de o que é constitucional ou incostitucional.Ver pra creer.
Coitado Anxo Lorenzo,os mesmos que lle lamian o cú fai medio ano agora lle chaman de todo,sí,eses mesmos,o do 6,9 %

36 youspinmeround

Bule bule, ¿inconstitucional? Podes seguir xogando ao disparates. Ou ao mellor confundes unha enquisa con un referendum?

Art. 92 da CE:

1. Las decisiones políticas de especial trascendencia podrán ser sometidas a referéndum CONSULTIVO de todos los ciudadanos.

2. El referéndum será convocado por el Rey, mediante propuesta del Presidente del Gobierno, previamente autorizada por el Congreso de los Diputados.

Como ves, esta enquisa non é vinculante, pero tampouco o é un referendo. Por se non fora evidente aínda o que quero dicir, aclaro que consultivo equivale a "non vinculante". Se un referendo non é vinculante, moito menos vai selo unha enquisa.

35 Bule bule

Estes pepeiros están moi ledos cunha enquisa que non serve absolutamente para nada.

E aínda por riba, inconstitucional. Este tipo de consultas debe dar permiso o goberno e aprobalo o xefe do estado. Pepeiros, acordástevos de iso??

Mirade os "constitucionalistas" como incumplen a lei que dicen defender.

Manoliño, quedaste mudo??

34 Rañolas

Na primeira pregunta da enquisa pregúntase pola "lingua inicial".
Eu son un profano en sociolingüística. Que é unha lingua inicial.
A lingua dos pais.
A lingua da escola
A lingua que se lle fala no carrito de bebé cando se lle fan caralladas ao neno.
Supoño que si se pregunta cal é o idioma dos pais aínda se podería dar o caso de ter algúns resultados pouco acaídos ao que se busca.
Poderíase demostrar que o que se está a facer é un cambio no idioma familiar de moitos galego (sobre todo do rural). Nalgunhas provincias o resultado podería ser escandaloso.