O galego, unha das 16 linguas do Metro de Londres

A empresa pública de transportes da capital británica tenta contrarrestar os efectos do Brexit cunha campaña multilingüe que salienta o carácter aberto da cidade e na que participan varios traballadores foráneos do subterráneo londinense, incluída unha moza galega.

Por Galicia Confidencial | Londres | 15/09/2016 | Actualizada ás 12:49

Comparte esta noticia

Tras a decisión do Reino Unido de abandonar a Unión Europea, Londres, cidade na que son maioría os que queren continuar na UE, iniciou distintas campañas para amosar o seu carácter aberto, cosmopolita e integrador. Unha destas campañas é a que iniciou Transport for London, que vén de presentar unha peza audiovisual promocional do Metro de Londres na que se utilizan até 16 linguas de todo o mundo, incluído o galego.

Moza galega que traballa no servizo de información do Metro de Londres.
Moza galega que traballa no servizo de información do Metro de Londres.

Chama a atención que o galego é, canda o castelán, a única lingua do Estado español que se utiliza neste anuncio, o cal demostra o peso da emigración galega nesta cidade e en todo o Reino Unido.

O anuncio é protagonizado por traballadores do Metro de Londres de distintas nacionalidades, que promocionan nos seus respectivos idiomas o servizo de transporte subterráneo da capital británica. Un deles é unha moza galega do servizo de Información, que aparece no segundo 25, cando di: "Londres está aberta para todos".

O anuncio, impulsado polo novo alcalde laborista, Sadiq Khan, para contrarrestar a mensaxe antiinmigrante do Brexit, enmárcase na campaña 'London is open', na que se expresa: "Londres está aberta a todo o mundo e o noso persoal está orgulloso de mostralo".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 12 comentarios

6 Galleguistasilusos

Perded toda esperanza. El único idioma que hablan los ingleses es el inglés.

1 teutonio

Os ingleses étnicos si, porén Inglaterra esta cheo de falantes de polaco, portugués, italiano, castelán, hindi, urdu, árabe, etc. Moitos destes falantes xa son cidadáns do Reino Unido... igual tiñas que pasear máis por Londres ou Ipswich.

5 Un de ANOVA

Grandes os ingleses. E non a UE que non é máis que unha oficina do imperialismo ianqui e da globalización capitalista. A UE non quere galego,basco ou catalán. Pois nós no metro de LOndres temos anosa lingua!

1 teutonio

A UE non quere o vasco, galego e catalán?, mande?, ti sabes como funciona a normativa sobre linguas oficiais na UE?, sabes que estas linguas foron recoñecidas como semioficiais nas institucións?, sabes de proxectos e financiamento para accións de ensinanza, promoción e protección dos dereitos de falantes de linguas minorizadas?, meu sabes do que falas?, sabes dos ataques racistas contra polacos por falar na súa lingua en Inglaterra despois do Brexit?

4 Españolistas dades noxo

Sae o galego... dúas veces.

3 Gamela

é curioso que sendo a UE quen dicía que tiña 24 linguas oficiais mentras o Reino Unido estivo dentro do club obrigounos a todo dios a falar INGLÉS e agora que marcha da UE os que falan as 24 linguas do mundo son eles...? Ergo, a UE é un grupo de presión que VENDE calquera cousa que non queren os demáis? http://gamela00.blogspot.com.es/201...

1 Españolistas dades noxo

Quen te obriga a falar inglés? Ti podes ir de parlamentaria a Bruxelas sen sabelo. Non podes ir de parlamentaria a Madrid sen saber castelán, iso si.

2 Gamela

se queres saber de que vai o choio non che queda outra que falar INGLÉS (Comisión / Consello Europeo / BEI / OCDE etc... ) outra cousa é ir ao Europarlamento a facer turismo pagado por todos nós... (diso sabe moito Pepiño Blanco!)

3 Españolistas dades noxo

Totalmente falso, tes dereito a un traductor na túa lingua materna (se é recoñecida como oficial, cousa que só ocorre co castelán no estado español. Nós temos sorte e podemos pedir un traductor a portugués.)

4 teutonio

Gamela, logo haberá que multiplicar por 20 o orzamento e o persoal da UE pra que calquera documento das institucións e axencias da UE sexa publicado nas 24 linguas á vez, sen termos que esperar uns meses pra que por exemplo o Libro Branco sobre transporte sexa publicado en esloveno. Por outra banda, case todo é publicado de primeiras en inglés e francés e mesmo alemán. E por outra banda o galego, catalán e vasco ten certa oficialidade, pode ser empregado no Comité das Rexións ou no Consello da UE (cando os conselleiros forman parte da delegación española) e por cidadáns nos seus tratos coas institucións (Parlamento, Consello, Comisión, Tribunal de Xustiza, Tribunal de Contas...), Acusar á UE de non defender a diversidade lingüística é bastante inxusto, sobre todo vindo dun señor que comungaba cas teses de Galicia Bilingüe.

2 ixtlan

Parabéns ó Metro de Londres!