A estatua de Millán Astray reubicarase coa remodelación da zona

O Concello da Coruña adxudicará aos arquitectos Felipe Peña Pereda e Alejandro Álvarez Blanco o proxecto de remodelación da Praza de España, Praza de Millán Astray, Costa de Santo Agustiño e a Praza do Marqués de San Martín e que suporá o desprazamento da estatua de Millán Astray ...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 10/09/2009 | Actualizada ás 11:56

Comparte esta noticia

None

O proxecto básico e a execución, así como o estudio de seguridade, deberán estar listos no prazo de dous meses e o prezo de contratación é de 156.500 euros. A remodelación deste espacio suporá a reubicación da estatua de Millán Astray.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 156 comentarios

96 anonimus

Mira que non disfrutar do tremando día que fixo,tes que deixar o loito que tes dende o 1M,ánimo,cun pouco sorte no 2025 volveredes a Xunta...se daquela seguides en pé.

95 anónimo

Anónimus -a -um, veña que imos ca terceira:
non vai con mala intención, ademáis non significa o que estás a pensar.
Singular e plural, respectivamente, copio e pego.
Hostis Hostes
Hostis Hostes
Hostem Hostes
Hostis Hostium
Hosti Hostibus
Hoste Hostibus

94 anónimo

Domingos Merino, que quixo mudar o nome da rúa do Capitán Troncoso. Cando na comisión de honores se lles preguntou o motivo, contestaron “por facha”, cando en realidade o tal Troncoso defendeu a cidade dos ingleses en 1589...

Ostiás, ostiás que me descojono, dime que non é verdade

non se pode dicir Guerra da Independencia, senón que hai que dicir Guerra do Francés.

pero a ver, estamos falando con xente seria, outra gilipollez dos do Bng.
A ver, evidentemente parece que os dous lle temos o mesmo cariño ao nacionalismo, o que pasa que te vexo máis identificado co pepé (erro, craso erro, meu). E de cartos polo medio, e supoño que neso estarás dacordo outra vez, non hai quen saiba máis que esta xente do pepedegá, os xenios de munxir os cartos públicos.
E eu por ahí non paso. Un saúdo

93 anonimus

Veña Anónimo,cun pouco de sorte os suciolistos volveredes a Xunta no 2025,mientras tanto disfruta do día que fai,vaia solazo que temos hoxe.

92 Clariño

Anónimo, mira, eu sí creo que se intenta expulsar pola porta de atrás e sin que nos deamos de conta (ao falso), toda idea de España da nosa terra e toda vinculación co exército ¿de ocupación? Fíxate nos monicreques eses que últimamente ameazaron ás tendas onde venden eses regalos cutres e horteras que hai en Santiago como en calquera cidade ¿Sábese que o BNG condenara as cartas ameazadoras? A min non me chegou noticia de tal cousa.

Permíteme unhas cantas anécdotas para que vexas o rollito falsísimo que teñen os da memoria histórica, que en Galicia están representados polo BNG. Na Coruña existe unha praza de España á que nunca se refiren así os nacionalistas, senón que empregan o nome anterior de Campo da Leña, pois ben propuxeron mudar o nome e non saiu o tema adiante pola oposición dos do PSOE; temos unha praza do xeneral Azcárraga, e non a chaman polo nome oficial, nin polo que tivo mais recente de praza da Constitución (de 1812) que os vincularía tamén á idea de España, senón que empregan praza da Fariña; temos unha avenida da Mariña que xunto coa praza de España tiveron a ousadía, ignorancia ou malicia de querer cambiar porque a identificaban coa Armada, e non coa beiramar que é en realidade a súa orixe. Eu aínda lembro que cando gobernou un nacionalista na Coruña, Domingos Merino, que quixo mudar o nome da rúa do Capitán Troncoso. Cando na comisión de honores se lles preguntou o motivo, contestaron "por facha", cando en realidade o tal Troncoso defendeu a cidade dos ingleses en 1589. Agora tamén resulta que non se pode dicir Guerra da Independencia, senón que hai que dicir Guerra do Francés. Por último, na Coruña hai unha regra que en xeral funciona para os medios de comunicación de maior audiencia: La Voz, cando menos a nivel local, está en mans do PSOE; La Opinión sigue os ditados do PP; e Radio Coruña está en mans do BNG, aínda que usen o español que viven dos anuncios e a realidade social é a que é. Pois ben, este último medio tiña unha páxina web que era radiocoruna.ES , debe ser que o de España non senta ben no BNG que mudaron o dominio pola porta de atrás e agora son radiocoruna.COM Se ti entras por radiocoruna.es, aparéche unha pantalla na que se te informa que agora son radiocoruna.com e aos poucos segundos rediríxente a esta nova dirección.

Que non, que non, que a min nese punto non ma cravan, que os exemplos penso que son dabondo para saber que a estratexi é sacar de Galicia toda idea da súa vinculación con España, e máxime hoxe cando nun pobo de Cataluña convocaron un referendum de autodeterminación. Tendo o nacionalismo galego como espello a Cataluña e o País Vasco, que parece que non hai ideas propias por aquí ¿alguén pode crer que non van tentar copiar o que pasa alí e que o obxectivo final non é a autoderminación o nefando separatismo?

Por certo, non quixera deixar de lado algo que dixeches antes, de que se en realidade o que pasaba é que defendía aos meus. Tamén se acusa de iso aos do PP. Teñoo por unha simplificación. Póñome de exemplo porque o meu caso o considero aplicable a calquera galego medio. Cos anos que pasaron da guerra, ¿alguén pode dicir en serio que non ten parentes nos dous bandos? Eu teño un fusilado, un depurado e mais dous falanxistas, por certo que ningún deles tomou parte na represión, un porque aínda que cría na xustiza dos consellos de guerra (era militar), tamén chamaba asesinos aos que daban os paseos. O outro, tamén militar, estivo en Sanidade, así que non disparou un tiro como non fora en exercicios.

Nos somos nos, defendemos aquelo no que cremos, e eles eran eles. Eu penso que o da memoria é un timo, que hai moito carto polo medio e moita simplificación, e penso que teño razóns dabondo para crelo así, que como dicía mais arriba, na república e na guerra subseguinte, teño para min que razóns e sinrazóns repartense por igual, que por algo chegaron a unha guerra, digo eu.

Mais saúdos a todos, Anónimus tamén, que antes esquecin darllos.