Anónimo, eu sempre estarei en contra dos que pensan que o fin xustifica os medios, sexan estes últimos os que foran. E guste ou non Castelao, Suárez Picallo, os da Lexía, et alii, compartían con Millán Astray aquelo de que o fin xustifica os medios: uns cos amaños electorais, as coaccións, as bombas, as queimas de igrexas, as multas por tocar as campás dos templos, o peche dos locais e bibliotecas de Acción Católica, etcétera, e outros coas armas que tiveron para defenderse do anterior, o uso do exército para impor a súa vontade pola forza das armas. Por outra banda, a min no fondo impórtame unha merda que a estatua esté ou deixe de estar na praza. No fondo todos na Coruña fixermos chistes con aquelo de vela de escorzo e ter a impresión de que o militar estaba mexando ou facendo outras cousas... En calquera caso manteño que me parecen pueriles en pleno século XXI as operacións de damnatio memoriae. O que non me da o mesmo, pero baixo ningún concepto, é que me queiran colar de rondón que os de esquerdas na Segunda República eran santos, porque teño a impresión de que ti sabes que non o eran; e tampouco dame o mesmo, e isto paréceme o mais grave, que aproveitando que o río de Monelos pasa pola Coruña se queira desterrar de Galicia, coa complicidade do PSOE, toda referencia á súa indudable españolidade, ou ao respeto de que é merecente o exército, que algo fixo a lexión en África e algo mais ten feito últimamente en Bosnia.
Nada que dicir se se retiran rúas e estatuas dos sublevados, e á vez non se adican rúas aos irmáns da Lexía; nada que dicir se o monumento a Millán Astray sustitúese por outro á Lexión, ou que ensalce os valores que indudablemente o exército ten. Pero o que se trata de facer non é eso, senón expulsar toda idea de España da nosa Galicia, e toda referencia ao exército (¿de ocupación?). E perdoa: non trago (co timo).
Por outra banda, ninguén descoñece que estas medidas carecen de apoio popular e son puramente mediáticas ¿o é que houbo manifestacións de xúbilo na Coruña pola retirada dos nomes? ¿ou é que os 54 manifestantes que convocaron hai un ano os da memoria histórica para o mesmo propósito dan idea dun grande apoio popular? ¿Pero é que alguén pode descoñecer que hai moito carto polo medio e moitos intereses creados polos que viven da subvención que non permiten a ninguén (normalmente co insulto) que se saia da liña oficial?
Un calquera, concordo contigo en moito do que dis, pero se non convén adicarlle rúas ou hospitais a un "pistoleiro" da falanxe, concordarás comigo en que non está ben aplicar a lei do embudo e adicar outras rúas a pistoleiros do PSOE como eran os irmáns da Lexía.
Outro saúdo, tamén afectuoso para ambos.