A estatua de Millán Astray reubicarase coa remodelación da zona

O Concello da Coruña adxudicará aos arquitectos Felipe Peña Pereda e Alejandro Álvarez Blanco o proxecto de remodelación da Praza de España, Praza de Millán Astray, Costa de Santo Agustiño e a Praza do Marqués de San Martín e que suporá o desprazamento da estatua de Millán Astray ...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 10/09/2009 | Actualizada ás 11:56

Comparte esta noticia

None

O proxecto básico e a execución, así como o estudio de seguridade, deberán estar listos no prazo de dous meses e o prezo de contratación é de 156.500 euros. A remodelación deste espacio suporá a reubicación da estatua de Millán Astray.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 156 comentarios

81 anónimo

E por suposto, estaría a perfecta definición de FEIJ009:

BENEFICUS ORATIONE, que viría a dicir que moito falar, pero pouco facer, ou moito lirili, pouco larala.

80 anónimo

FActum abiit, monumenta manent.

Coma o noso anónimus non da para máis, traduzo:

Os feitos pasan, os monumentos quedan. O malo é que a algún, coma se facía en Roma, habería que aplicarlle a DAMNATIO MEMORIAE, como se facía en Roma. Consistía en facer desaparecer os seres nefastos da historia, todo o recordo dun fillodagranputa. MILLAN ASTRAY sería, sen dúbida, un destes.

79 anónimo

Anda que non se che ve o plumeiro nin nada. No do latín, pásache como a moitos, que falades de oídas:

Ex relatu referre feri mentiri ests

(xa sei que coñeces o significado, pero por si algún, sobre todo anónimus, ten poucos estudos, ahí vai) Falar de oidas fai dicir moita mentira (ou tontería)

78 Clariño

¡Qué horror! Memoriam contra o que digo mais arriba e se o latín que lembro non me falla, foi de toda a vida acusativo DA PRIMEIRA. Desculpen este lapsus calami.

77 Clariño

Sr. Pardo de Cela, a diferenza entre vostede e mais eu está en que eu recoñezo o pucherazo da dereita en Ourense, e vostede bota balóns fora co ocorrido na provincia da Coruña e co pucherazo do estatuto.

Póñase vostede como se poña, é evidente que os Bóveda, Castelao, Suárez Picallo ou os da Lejía, comparten con Millán Astray aquelo de que o fin xustifica os medios. Polo tanto, están nun plano de igualdada, gústelle ou non. O que é, é. E senón atopa mais argumentos que o insulto, a descalificación do que non opina igual, a falacia retórica do home de palla, ou a gracia ao mellor estilo de Fedeguico (digoo polo de "Oscuriño"), está ben claro que me da a razón, aínda que sexa de xeito inconsciente. Moitas grazas.

Sr. In Memorian, permítame que aproveite a ocasión para correxir o lapsus calami que padeceu e lembrar que é "in memoriaM" (acusativo da terceira ¿non?). Entrando na sustancia que plantexa, non poido por menos que repudiar e calificar de asesinato vil, noxento, despreciable, o de Alexandre Bóveda, como o de calquera outro, fora con ou sen consello de guerra. O que non me impide descalificar ao Sr. Bóveda na súa actuación política, como demócrata que non era, porque tomou parte e non repudiou o pucherazo plebiscitario no que participou. E niso é igual a Millán Astray, pois como dicía mais arriba os seus feitos sinalan que ambos compartían aquelo de que o fin xustifica os medios.