Gaña Feijóo, gaña Rajoy

A vitoria do PPdeG en Galicia dálle pulos ao presidente español no panorama político estatal e reforza a Mariano Rajoy. En Marea é a segunda forza política, pero empatada co PSdeG, lonxe das expectativas xeradas. A terceira posición do PSdeG augúralle novos problemas a Xoaquín Fernández Leiceaga e a Pedro Sánchez. O BNG recupera o terreo perdido nas xerais e mantén o grupo parlamentario.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 26/09/2016 | Actualizada ás 00:19

Comparte esta noticia

Galicia volveu darlle unha terceira maioría absoluta ao PPdeG, mellor dito, a Feijóo, que durante toda a campaña escondeu o logo do seu partido. Unha estratexia que lle deu resultado e que, de paso, lava a imaxe dos populares en España. Porque a vitoria tamén é de Mariano Rajoy.

Xosé Manuel Beiras arroupa a Luis Villares na súa presentación como candidato de En Marea
Xosé Manuel Beiras arroupa a Luis Villares na súa presentación como candidato de En Marea | Fonte: EP

Feijóo e Rajoy gañaron claramente estes comicios que se presentaron como un plebiscito da política española. E ademais, gañan con claridade, coa única maioría absoluta que teñen agora en todo o Estado. Unha renda cómoda para o presidente da Xunta que mesmo pode pensar, agora, no seu desembarco en Madrid calando aos críticos que aínda ten en Génova.

Feijóo pode presumir en Galicia e en Madrid de ser o único barón popular que foi quen de manter unha maioría absoluta, pero non unha maioría absoluta calquera, senón cimentada en máis votos que hai catro anos e nun contexto de crise e de perda de credibilidade do PP polos numerosos casos de corrupción que o afectaron nos últimos tempos.

Tamén é certo que Feijóo contou en Galicia con axuda extra, a que lle deron os medios públicos e os grandes poderes mediaticos privados, que levan anos mamando do erario público e garantizan, deste xeito, seguir mamando. E, tamén, obviamente, dos erros da oposición, con leas internas continuas nos últimos meses.

Perde a oposición

Gaña Feijóo e perde a oposición. Perdeu o PSdeG e perdeu En Marea. Os dous partidos disputábanse a segunda forza nestes comicios e, nunha batalla moi igualada, o certo é que,  quedan moi por debaixo das expectativas xeradas. 14 deputados non garantizan, a priori, unha boa fortaleza para liderar a oposición.

Ana Pontón, líder do BNG
Ana Pontón, líder do BNG | Fonte: EP

O PSdeG perde 50.000 votos e catro escanos e, ademais, a segunda forza na Cámara galega. Que sexan os socialistas os que estean por debaixo de En Marea, aínda que só sexa en porcentaxe de votos, complícalle un pouco máis as cousas ao seu candidato. Xoaquin Fernández Leiceaga terá, agora, que lidiar, novamente, cos críticos do seu partido que xa antes da campaña anunciaron que presentarán candidato á Secretaría Xeral, o que abrirá unha nova guerra interna no PSdeG que pode rematar nunha bicefalia.

Pero a quen tamén deixan tocado os resultados das galegas son, especialmente, ao seu líder en Madrid, Pedro Sánchez, ante os baróns autonómicos. Agora, cunha eleccións perdidas e un sorpaso en Galicia, a apertura de negociacións con Podemos pode supoñerlle novos frontes internos.

En Marea é a segunda forza na Cámara galega pero non vai poder presumir dun gran sorpaso ao PSdeG. É certo que, se se comparan os seus resultados cos de AGE, aumentan cinco escanos, pero as expectativas eran outras. Tan só os separan un punto e menos de 20.000 votos cos socialistas.

Esta formación paga os problemas internos que ten Podemos, a pesares de que case todos, en Galicia, quixeron deixar claro que aquí quen manda son os galegos. Sen embargo, esas tensións na formación morada en Madrid e o tempo valioso que se perdeu na elección do cabeza de lista e das candidaturas, tamén polos problemas internos, condicionaron a gran aposta de Luis Villares a quen non lle deu tempo a facerse ver nunha campaña que comezou froxa e acabou in crescendo. Tampouco foron quen de convencer a boa parte do electorado nacionalista aos que só rabuñan pouco máis de 26.000 votos.

O BNG supera a expectativas

Outro que perde é o BNG, pero case nada. Perdeu un escano pero conserva grupo parlamentario. De feito, o Bloque xogaba noutra liga nestes comicios e, abofé, que cumpriu e, con creces, os obxectivos. En parte, pola gran campaña que fixo a súa candidata, Ana Pontón, e pola boa cobertura que algúns medios privados lle dispensaron –moi ao contrario do acontecido noutras citas electorais- . Isto axudou a que os nacionalistas recuperaran a imaxe perdida nos últimos comicios.

O acontecido nas eleccións xerais auguraba unha caída histórica. Algunhas enquisas mesmo apuntaban a perda de todos os seus deputados. E con ese temor xogaba un BNG que, durante a campaña foi quen de trasladar unha mensaxe compacta e de convencer a antigos electores que, antes, caeran nas redes das mareas.

E outro gran perdedor desta noite electoral é Ciudadanos. O partido de Albert Rivera, que agardaba ser a bisagra do PP, quedou a cero. Unha derrota sen paliativos do partido laranxa que debe de buscar responsabilidades, sobre todo, por elixir a unha candidata allea a Galicia e que non acabou de conectar co seu posible electorado, a pesar de que estivo arroupada polos pesos pesados da formación.

Feijóo e Rajoy no mitin peche de campaña das autonómicas
Feijóo e Rajoy no mitin peche de campaña das autonómicas
Feijóo celebrar o resultado electoral canda a súa nai nunha imaxe das súas redes sociais
Feijóo celebrar o resultado electoral canda a súa nai nunha imaxe das súas redes sociais
Xoaquín Fernández Leiceaga con Pedro Sánchez na X Festa do PSdeG
Xoaquín Fernández Leiceaga con Pedro Sánchez na X Festa do PSdeG | Fonte: PSdeG
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 49 comentarios

19 Galahaz

Era visto. Cunha oposición deslabazada na que os seus dous principais actores non tiñan candidato a 3 meses das eleccións e con severos problemas internos e ideolóxicos era imposíbel. Por outro lado, bo resultado do BNG, que resiste e fai os deberes, pero que sinceramente está preto do seu teito. O BNG actual é un partido que como moito pode aspirar a un 10% dos votos, de aí non pasa. En Marea é o grande derrotado, veremos o que lle duran os 14 deputados no grupo parlamentario. Nunha coalición sen unha ideoloxía clara máis aló do "hai que botalos" as discrepancias non tardarán en aparecer. En resumo, vese claro que o electorado en Galiza se divide case ao 50% cunha lixeira vantaxe para a dereita. Até que chegue un partido de centro dereita GALEGO que lle dispute votos ao PP non hai nada que facer. Senón seguirá o intercambio de cromos na oposición mentres se soña cunha vitoria pírrica cada 20 anos. A ver se desta vai, hai 4 anos por diante.

18 galiza vai ben

Enhorabuena. Gracias a nuestro amado líder, Galicia tiene la tasa de natalidad mas alta del mundo, nuestros jóvenes desarrollan sus capacidades laborales en su lugar de origen, Los polígonos industriales (Salvaterra, Maceda, O Saviñao, ....) están en plena efervescencia, son la envidia de los empresarios americanos. Nuestro sistema de enseñanza es mejor que el de Suecia, nuestros jubilados veranean en Alemania, Nuestros ganaderos venden su carne y su leche a mejor precio que los franceses. Los montes no arden porque nuestro diseño forestal es mejor que el de Noruega. El acceso a puestos de la Diputación de Ourense es escrupulosamente limpio. Nuestros amigos non andan con droga, es comercio internacional....A, y escribo en español, porque el gallego es de analfabetos y perroflautas.

1 Tete

Que si homiño, que xa o dixo o xuiz, en 2020 volvemos facer a mesma campaña, poñendo 3.000 veces a foto con Marcial por se alguén non a coñece. Sen propostas e sen candidatos, pero moita foto, veña. E o PP sacará 44, pero a Marea subirá a 16 e O CAMBIO SERÁ IMPARABLE

2 Fartodalingua

suscribo lo del jallejo

3 Fartodalingua

suscribo lo del jallejo

17 Fartodenaziocomunistasindepes

Olitas vienen, olitas vienen. olitas vienen y van, no te vayas rianjera que te vas a marear. Viva Galicia y Viva España. Dedicado a los eternos perdedores, Nos habéis hecho sudar de lo lindo. Otra vez será, tal vez dentro de ....muuuuchos años

16 Breixo

O BNG pateou todo o país, falando coa xente e demostrando que ten proxecto e candidata. Os da Marea dedicáronse ao twiter e o feisbuk. Así lles foi

1 Lisardo Rodríguez

Foi estupendamente. En Marea: 14 deputados; BNG: 6 deputados.

2 Breixo

En Marea aspiraba a 25-30 e sacou a metade: FIASCO. Pero o BNG aspiraba a 1-2 e sacamos 6: ÉXITO Veña Lisandro, se o les catro veces seguro que o entendes

3 Galahaz

É certo que os resultados do BNG foron bos para as expectativas que tiña ao inicio da campaña e que cumpriu coa súa parte obtendo escanos por todas as provincias para que os seus votos non fosen ao lixo. Parabéns a Ana e ao seu equipo de campaña porque o fixeron moi ben. E tamén é certo que os 14 escanos de En Marea saben a pouco cando aspiraban a gañar o ceu e que de feito poderían verse superados polo PSOE en escanos se estes arrebatan un escano ao PP no voto exterior. Pero desde o meu punto de vista o futuro de ambos é negro: o BNG sabe que gran parte do voto obtido é de votantes desencantados coa Marea, pero que non dubidará en marchar de novo se no futuro aparece outra opción atractiva (votouse ao BNG como mal menor) e En Marea é un proxecto sen ideoloxía que fará augas por todos os lados e que en 4 anos terá practicamente desaparecido.

15 Uxío

Patéticos. Lendo á bloqueirada parece que foron eles os que sacaron a maioría absoluta, cando seguen sendo a forza minoritaria do parlamento galego, e baixando. Pobriños. Iso si, o resultado sérvelles a algúns para seguir chuchando uns anos máis

1 balbino

O resultados solo serven para que siga existindo un proxecto nacionalista de esquerdas o servicio de Galicia e sen dependencias dos amos de Madrid, cando moitos dábades este proxecto por morto e moitos foron buscar sillón a outro lado algúns seguiron traballando contra as modas e os pronósticos, nom hai nada que celebrar pois o Frijolito segue igual, ninguén sobra para sacar as ghaivotas do poder, a traballar máis e a criticar menos que parace que vos fode máis que o nacionalimos galego sega vivo que a maioría de Feijoo.

2 yolanditayolé

Benquerido Uxío: cando o experimento cibérnetico dixital español de podemos e da súa sucursal mareada se extinga, por inanición, estades invitados a construir nazón. Mentras tanto, unha pregunta: tardará máis tempo en Marea en rachar que Age???