25S - Caballero cre que o seu "proceso de unidade" do PSdeG podería "quitar a maioría absoluta a Feijóo"

Volve criticar o cambio de listas e arremete contra a xestora, que dirixe o partido "sen ningún apoio dos militantes"

Vigo | 29/09/2016 | Actualizada ás 15:05 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, arremeteu este xoves duramente contra a comisión xestora que dirixe o PSdeG, e afirmou que, se "seguise adiante" o proceso "de unidade" que el levou a cabo antes das primarias para elixir candidato á Xunta, os socialistas poderían quitar a maioría absoluta a Feijóo".

En declaracións aos medios sobre a crise que atravesa o PSOE, o rexedor olívico non perdeu a oportunidade de seguir cargando contra a dirección do seu partido en Galicia, en concreto, contra Pilar Cancela, aínda que sen nomeala expresamente.

Así, lamentou que "en Galicia se tomaron decisións moi equivocadas", en alusión aos cambios nas listas para as autonómicas, levados a cabo pola xestora e avalados "nun despacho de Ferraz". "A consecuencia foi a maioría absoluta de Feijóo, e puidémoslla quitar", proclamou, xa que el encabezou "un proceso de unidade" que, "se fóra adiante, ao mellor Feijóo non tiña agora maioría absoluta".

Por outra parte, e en relación cos enfrontamentos entre partidarios e detractores de Pedro Sánchez, Abel Caballero recoñeceuse "sorprendido" de que "algúns" identifican este conflito "con dar voz ou non aos militantes". "¿ Dínnolo na nosa provincia? Os que falan de dar voz aos militantes son os que cambiaron unha lista apoiada masivamente polos militantes", denunciou.

XESTORA DENDE HAI SEIS MESES

Caballero, quen precisou que a voz dos militantes "é imprescindible" e que serán eles os que elixan o próximo "secretario ou secretaria xeral" nunhas primarias, tamén criticou que "os que teñen unha xestora en Galicia dende hai seis meses" se opoñan agora a unha xestora a nivel federal.

"Fai seis meses que temos en Galicia unha xestora decidida por Ferraz, por certo, sen consultar con Abel Caballero, membro da executiva (federal)", apostilou, e afeou que "usen unha rapadoira para Galicia e outro para outros sitios".

Segundo o alcalde de Vigo, "hai voces que están a reclamar dende hai tempo un congreso para Galicia, pero segue unha xestora que non ten ningún apoio dos militantes". "Os que dirixen o partido en Galicia sen o voto dos militantes, ¿como poden falar do voto? Algúns si podemos, porque nos elixiron para ser candidatos", afirmou.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta