Por Galicia Confidencial | Galicia | 08/10/2009 | Actualizada ás 16:00
Segundo nos conta Antón Tenreiro, "a Comunidade de Madrid asignou 66 contratos por valor de 760.717,87 euros a tres empresas da trama Gürtel entre os anos 2004 e 2008, según se desprende do sumario do caso. En este período, Lete Lasa, actual Secretario xeral de deportes da Xunta era o número dous de un dos procesados: o Consejero de Deportes da Comunidad de Madrid.
Por empresas, Servimadrid Integral S.L. foi a máis beneficiada polos contratos, ascendendo as suas adxudicacions ata os 596.508,09 euros. Pola súa parte, Diseño Asimétrico recibiu contratos por valor de 2.772,4 euros, mentras que Easy Concept Comunicación S.L. recibiron 161.437,38 euros da Comunidade de Madrid por varios contratos.
O tomo V da causa, que consta de 518 páxinas e se identifica como 'Blanqueo de Capitales', recolle a documentación relativa aos 66 contratos, incluidas facturas, memorias de proxectos e incluso documentos da Axencia Tributaria.
Os contratos que se recollen no sumario do caso Gürtel relativos á Comunidade de Madrid proceden de ata nove departamentos diferentes do Goberno de Aguirre, a mayoría dependentes da entón Consejería de Cultura y Deportes, da que era titular o deputado autonómico Alberto López Viejo.
José Ramón Lete Lasa, actual home de confianza de Núñez Feijoo para os deportes, que dependen directamente de presidencia, foi a man dereita de López Viejo, un dos procesados polo caso Gürtel.
Previamente Lete Lasa xa fora Secretario xeral de Deportes da Xunta no goberno Fraga ata que no 2005 o PP perdeu as eleccións en Galiza. O Consello de Contas no informe feito público este ano acusa a Lete de dar subvencións millorarias sen xustificar no seu departamento.
A pesares de ser López Viejo o responsábel máximo de deportes en Madrid e asinar os contratos, dificilmente se pode entender que o seu Nº2 non se enterara ou estivera en connivencia co seu "xefe", o mesmo que Núñez Feijoo, que non pode alegar descoñecemento de unha persoa á que nomea directamente para unha importante responsabilidade e que ademáis da subvencións "a dedo" e a fondo perdido a federacións corruptas como a de futbol con un Julio Meana inhabilitado".
Ollo pois, a Lete Lasa, que antes ou despois pode acabar aparecendo como parte implicada, directa ou indirectamente en un entramado no que ten numerosos contactos. Aomillor son casuais, non ?
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.