Eu, non sei vós, pero paréceme imposíbel que un galego galeguista vote a PODEMOS aínda que vaia con AGE e outros similiares. E algúns deles, cunha longa traxectoria nacionalista. Tamén habería que estudar ese fenómeno paranormal. Non entendo a este país nin aos seus habitantes. Fago ben en manterme ao marxe. Eu, nin con uns nin con outros. Hai uns anos que me ía dicer a mín que Fernando Fernán Vello, Xosé Manuel Beiras, Martinho Noriega, Mariano Abalo e moitos máis ían ir con PODEMOS. É que, en moitos sentidos, renuncio ao país. E con iso non digo que o BNG me volva tolo. Pero hai cousas polas que non paso. Que venha Iker a ponher algo de orde.
e suponho que co PP pasará o mesmo. Sempre hai razóns "dialécticas" para facer o que se fai. Aínda que senha unha paparrochada infumábel.
E que o BNG é galego a secas. Moitos nacionalistas funcionan coas mesmas coordenadas que os demais galegos. No fondo, tanto os que votan ao PP como os que se din nacionalistas, no subconsciente, son iguais. Logo só queda crear discursos complexos onde se "demostra" como os ufólogos, que ir con IU e outros independentes, é o que se ten que facer. Eu non creo nos OVNIS. Pero, polo que vexo, a meirande parte da xente sí. Xa vo-lo digo. Parécense moito máis do que nos dan a entender. É dicer, son galegos. E actúan como galegos.
Xa remato! Non entendo como non houbo na FPG unha disolución depois do vivido. Como me vou afiliar a ningún partido ou corrente sin son todos ovellas ignorantes! Si me di alguén que é da FPG non lhe parto a cara porque me levan ao cárcere. Ganhas non me faltan!