OPINIÓN.- No cabodano de Ramón Cabanillas

 Por Xosé González Martínez.  Cúmprense agora 50 anos da morte de Ramón Cabanillas acontecida en Cambados o 9 de novembro de 1959. Con tal motivo o seu concello vén de organizar unha manchea de actos para afondar na importancia do seu quefacer como activista intelectual  e político. Luís Rei publicou a súa biografía, unha obra necesaria para entender o alcance non só do labor literario do autor cambadés; tamén para coñecermos o activismo político e cultural desenvolvido dende idade temperá...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 05/11/2009 | Actualizada ás 11:00

Comparte esta noticia

None

Durante a súa permanencia en Mondariz, Ramón Cabanillas colaboraría con Peinador para promover a constitución do novo concello. Isto aconteceu en 1925 coas posibilidades que abría o novo Estatuto Municipal da autoría do ministro Calvo Sotelo. Cabanillas, funcionario municipal excedente, foille de moita utilidade a Peinador na tramitación do expediente de segregación, chegando a formar parte da corporación municipal de 1929, por  un breve perído de tempo; apenas dous meses. O 21 de outubro dese ano participa na aprobación dos orzamentos municipais.

A Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística de Galicia e a Irmandade Xurídica Galega queren reivindicar a actividade profesional de Ramón Cabanillas, descoñecida practicamente polos seus lectores, que tivo nos derradeiros anos condicións persoais ben difíciles por mor dun expediente de depuración de responsabilidades políticas.Foi secretario municipal dos concellos de Cambados, Cuntis, Dozón, Meis, Mos, Moaña, Redondela e Silleda. Todos os rexedores municipais das devanditas corporacións están convocados o próximo día nove para celebraren no salón de plenos da Casa do Concello de Mondariz-Balneario un acto de homenaxe ao poeta cambadés e a aprobación da "Declaración de Mondariz-Balneario", que pretende consolidar o papel normalizador  das corporacións locais, incluíndo a promoción da nosa lingua nos seus servizos públicos e poñendo os medios para que todos traballadores ao servizo directo ou indirecto da administración local teña unha actitude favorable ao emprego da lingua galega, con coñecemento oral  e escrito suficiente para atender nela ao cidadán. Porque as corporacións  e os traballadores locais estamos obrigados nestes momentos a continuar xogando un importante papel: o de evitarmos que se impoña a dinámica da crispación e do conflito ao tratarmos os temas lingüísticos, o de manter os avances e os sensibles equilibrios que se foron tecendo nos servizos públicos e que sosteñen o uso da lingua galega nestes principios do século XXI.

Velai onde debemos estar as autoridades e traballadores locais, na idea de que o galego non é patrimonio de ninguén senón que é un vínculo que nos une, revalidando nesta singular coxuntura o protagonismo social e democrático que as corporacións xogaron ao longo das últimas décadas, neste como noutros tantos eidos.

Xosé González Martínez é secretario da AFNL/Irmandade Xurídica Galega.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 10 comentarios

5 En Fin

Quienes prendieron la mecha del dioma, fué Feijoo para conseguir algún voto más, los resentidos son los que acostumbrados a gobernar tantos años, y a poder hacer lo que les daba la gana, perdieron el poder y para volver a conseguirlo utilizaron todo lo que tenian a mano sin importarles las consecuencias, ni la destrucción de la cultura de una Nación, como indica la CE, los mal llamados conservadores, sois los primeros en saltaros la CE cuando interesa, pero también, sois los primeros en hacersela cumplir a los demás, cuando la podeis utilizar en vuestro beneficio. Por cierto cuanto defensor de España en vez de tributar aqui tributa en paraisos fiscales, (Andorra, Mónaco,ETC....).

4 Jose

Menos milonguitas Pardito. Veo mucho resentimiento en tus palabras. Lo que quereis los radicales es prender una mecha que no enciende y os valéis de todo para ello, incluído a pseudo organizaciones como esta hermandad que intenta engañar a los ayuntamientos del PP

3 Pardo de Cela

A mecha da discordia prendérona os analfabetos de GB, algún neanderthal que pulula por este foro e algunha vasca resentida que fala do concepto pexorativo do galego.

2 Jose

Pero ya seguimos encendiendo la mecha de la discordia?. No le llega con las manifestaciones bloqueiras de la Mesa que ahora vienen estos de la Hermandad Jurídica Gallega (suena a época de Castelao) a meter bronca en temas lingüístico. Yo no sé como los ayuntamientos del PP caen en estas tonterías y le hacen el juego sucio a los trogloditas de la lengua

1 anónimo

Moi ben feito. Pouco a pouco, concello a concello, vila a vila é como se fai país. Esperemos que as sinaturas non queden só en papel